- Concello
- O Municipio
- Que visitar
- Servicios ao cidadá
- Enlaces
- Actas de Goberno
- Contas Municipais
- Convenios
<- voltar
AS OBRAS NO VIAL AUTONÓMICO LU-231, MELLORARÁN AS CONEXIÓNS ENTRE OS MUNICIPIOS DE PALAS DE REI E FRIOL E OS DA ZONA, ASÍ COMO, FACILITARÁN A CONEXIÓN DE TRES AUTOVÍAS
AS OBRAS NO VIAL AUTONÓMICO LU-231, MELLORARÁN AS CONEXIÓNS ENTRE OS MUNICIPIOS DE PALAS DE REI E FRIOL E OS DA ZONA, ASÍ COMO, FACILITARÁN A CONEXIÓN DE TRES AUTOVÍAS
Os mandatarios de Palas de Rei, Pablo Taboada e Friol, José Angel Santos visitaron nesta mañá a vía de titularidade autonómica que comuníca ambas localidades, a LU-231. Ámbos rexedores populares, coinciden na necesidade dunha urxente da mellora deste víal que supón a conexión directa entre os municipios de Palas de Rei e Friol, ademais, de beneficiar as conexións dos veciños dos municipios da zona como son: Guitiriz e Begonte por unha parte Antas de Ulla e Monterroso por outra, que indirectamente tamén se verían melloradas as súas comunicacións. A LU-231, conectaría tres autovías: trascantabrica, A-6, e a A-54, ademais de, as melloras neste vial, favorecerían aos gandeiros da zona, abarantando custes de transporte dende as fábricas de piensos ata as explotacións.
Recentemente, tanto Pablo Taboada como José Ángel Santos, reuníanse con técnicos da Xunta de Galicia, donde revisaron o proxecto de mellora deste vial e solicitaron algunas melloras para garantir a seguridade dos conductores e facilitar o transporte de vehículos pesados, como poden ser a ampliación, a 2 metros do ancho de vía previsto; a eliminación dalgunas curvas e a rexeneración de pontes.
Pola súa parte, a Xunta de Galicia contempla nos seus orzamentos para este ano, a elaboración do proxecto de mellora da vía titularidade autonómica, cunha partida para esta finalidade de 120.000 euros. Este proxecto, supón unha vella demanda de ámbos municipios e máis aínda dende a apertura do tramo A-54 entre Palas e Guntín, a Xunta de Galicia tamén conta con partidas previstas para os próximos anos, ata alcanzar un total de 5,5 millóns. O reparto de esta cantidade sería de 2 millóns para a anualidade de 2018; 2,5 para o 2019 e un millón máis para 2020.
Ámbos rexedores acollen con satisfación a iniciativa da Xunta de Galicia de cara as obras de mellora do víal LU-231, o que redundará nunha mellora tanto nas comunicacións entre ambos municipios coma na seguridade dos centeares conductores e veciños que a diaro circulan por ela.