- Concello
- O Municipio
- Que visitar
- Servicios ao cidadá
- Enlaces
- Actas de Goberno
- Contas Municipais
- Convenios
<- voltar
PALAS DE REI TEN EN MARCHA O IV PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES ENTRE MULLERES E HOMES PARA O PERÍODO 2016-19
PALAS DE REI TEN EN MARCHA O IV PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES ENTRE MULLERES E HOMES PARA O PERÍODO 2016-19
Presentado en Palas de Rei o IV Plan de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes para o período 2016-2019. O acto de presentación, baixo moderación da Concejala de Servicios Sociais, Alba Villasante, contou coa presenza da Secretaria Xeral de Igualdade, Susana López Abella, do Axente de Igualdade encargado das tarefas de elaboración do mesmo Plan de Igualdade, Daniel Lazare Vila e do resto de integrantes do Centro de Información a Muller de Palas de Rei. Tras a súa aprobación unánime no pleno da Corporación Municipal palense e finalizado o correspondente período de alegacións, vota a andar así, o que xa ven a constituir o IV Plan de Igualdade do Concello de Palas de Rei, presentándose como un instrumento de continuidade na prevención e loita contra a situación de desigualdade de xénero adoptando as respostas a unha realidade específica, a realidade das veciñas e veciños deste Concello, tendo como principal obxectivo ser un instrumento de traballo a partir do que se poñan en marcha accións orientadas a corrixir as situación de desigualdade, e encamiñadas a lograr unha igualdade real e efectiva entre sexos, convertendo en beneficiarias das mesmas a todas as persoas, xa que tales accións deben estenderse ao conxunto da sociedade palense.
Así mesmo, o presente Plan de Igualdade, constitúe o marco de actuación en materia de igualdade de mulleres e homes en Palas de Rei para o período 2016-2019, e queda enmarcado, como os seus antecesores, no conxunto das políticas e plans que os poderes públicos de ámbito Internacional, Europeo, Estatal, Autonómico e Local impulsan, co fin de acadar a igualdade efectiva entre mulleres e homes, garantindo deste xeito a coherencia do conxunto e o mellor engarce a través dos seus contidos e da natureza das actuacións propostas.
O Centro de Información ás Mulleres do Concello de Palas de Rei (CIM), en activo e con acreditación como tal desde maio do 2005, mantén desde os seus orixes o obxectivo preferente de formular e estender políticas de igualdade e acción específicas para a súa consecución e posta en práctica. Froito desta determinación, aprobase no ano 2005 o I Plan de Igualdade de Oportunidades Municipal (PIOM), cunha vixencia de 3 anos, e no ano 2008 o II Plan de Igualdade de Oportunidades Municipal (PIOM), cunha vixencia de 4 anos, e no ano 2012 o III Plan de Igualdade de Oportunidades Municipal (PIOM), cunha vixencia de tres anos. Mediante a elaboración do IV PIOM, retómase este compromiso coa igualdade que se temporizará entre os anos 2016 e 2019, e recollendo de novo principios reitores en materia de igualdade.
O desenrolo do I, II e III Plan de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes levado a cabo por esta Entidade, supuxo un considerable avance na participación da muller en tódolos eidos da vida, facilitando así a creación e desenrolo de novos servizos, os cales, día a día traballan no impulso de accións que fan posible seguir avanzando cara a igualdade real e efectiva das mulleres deste Concello.
Este novo Plan pretende ser o marco no cal se establezca a estratexia das liñas de traballo e actuación, e tamén todos os retos que debemos abordar para deste xeito conseguir un futuro no que a Igualdade de Oportunidades entre mulleres e homes sexa unha realidade. Estes retos son o empleo, a educación, os medios de comunicación, a saúde, o deporte, a cultura, etc….
O Concello de Palas de Rei coa vontade de contribuir a consecución dos obxectivos propostos en materia de Igualdade, adquire o compromiso serio e formal da posta en beneficio da poboación deste Concello dos medios económicos e técnicos o seu alcance na procura real de oportunidades, apostando deste xeito o desenrolo e fomento de valores e prácticas que fundamenten a igualdade como principio fundamental da democracia amparado constitucionalmente.