- Concello
- O Municipio
- Que visitar
- Servicios ao cidadá
- Enlaces
- Actas de Goberno
- Contas Municipais
- Convenios
<- voltar
CÚMPRESE O PRIMEIRO ANO DE FUNCIONAMENTO, DO TRAMO GUNTÍN-PALAS DE REI, DA AUTOVÍA, A-54, ENTRE LUGO E SANTIAGO DE COMPOSTELA
CÚMPRESE O PRIMEIRO ANO DE FUNCIONAMENTO, DO TRAMO GUNTÍN-PALAS DE REI, DA AUTOVÍA, A-54, ENTRE LUGO E SANTIAGO DE COMPOSTELA
Fai un ano, inaugurábase oficialmente este tramo (Guntín-Palas de Rei) da A-54 que daba continuidade aos tres tramos postos xa en servicio en marzo de 2015, sumando así, 38 kilómetros de Autovia A-54, abertos ao tráfico en citado ano.
Con este tramo, de 15 kilómetros, completabase así a posta en servicio da metade do trazado da Autovía(A-54) ou a totalidade do traxecto entre a localidade de Palas de Rei e a capital lucense, a traverso dunha vía de altas prestacións. O citado tramo, inagurado fai un ano, discurre polos municipios de Guntín, Monterroso e Palas de Rei, comenzando en Guntín, a altura do P.K. 21 da carretera N-547 e desenrolandose ao norte da mesma, finalizando no enlace Palas de Rei (oeste) no P.k.36,8 da carretera nacional. Conta con tres enlaces: Guntín, Palas de Rei coa carretera autonómica a Friol (LU-231) e enlace Palas de Rei (oeste).