- Concello
- O Municipio
- Que visitar
- Servicios ao cidadá
- Enlaces
- Actas de Goberno
- Contas Municipais
- Convenios
<- voltar
O CASTELO DE PAMBRE REXISTRA 3.500 VISITAS NOS DOCE DÍAS POSTERIORES A SÚA APERTURA OFICIAL TRALAS OBRAS DE REHABILITACIÓN
O CASTELO DE PAMBRE REXISTRA 3.500 VISITAS NOS DOCE DÍAS POSTERIORES A SÚA APERTURA OFICIAL TRALAS OBRAS DE REHABILITACIÓN
O Castelo de Pambre rexistra 3.500 visitas nos primeiros 12 días, trala súa apertura oficial (o pásado 27 de setembro), logo das obras de rehabilitación do inmoble.
Este pasado fin de semana (8 e 9 de outubro), visitaron o Monumento máis de 1.300 persoas, superando así as cifras de visitantes do primeiro fin de semana, situadas en 1.000persoas. O gran número de visitantes se rexistrou o domingo 9 de outubro, cando dous grupos de 250 persoas cada un deles, se achegaban a Pambre para coñecer a Fortaleza Medieval.
De feito, o propio Concello de Palas tivo que reforzar o persoal, de atención ao público, na xornada de tarde e durante os dous días incrementar os efectivos de Protección Civil, para incrementar así as medidas de vixiancia e seguridade na zona, así como, o control de acceso de vehículos ao aparcadoiro das inmediacións ao Castelo.
O perfil do visitante é diverso, como tamén o é a súa procedencia; dende peregrinos que están facendo algunha dúas rutas xacobeas, que atravesan por Palas de Rei, ata turista en xeral, fundamentalmente do norte de España e galegos, así como veciños do propio municipio e dos da zona interesados en coñecer como quedou a fortaleza tralas Obras de Rehabilitación.