- Concello
- O Municipio
- Que visitar
- Servicios ao cidadá
- Enlaces
- Actas de Goberno
- Contas Municipais
- Convenios
<- voltar
O CONCELLO DE PALAS SOLICITA UNHA AXUDA A XUNTA DE GALICIA PARA MELLORAR O EQUIPAMENTO E AS INSTALICIÓNS DA ESCOLA INFANTIL
O CONCELLO DE PALAS SOLICITA UNHA AXUDA A XUNTA DE GALICIA PARA MELLORAR O EQUIPAMENTO E AS INSTALICIÓNS DA ESCOLA INFANTIL
O Concello de Palas solicitará unha axuda de 35.000 euros para equipar e mellorar a escola infantil, asimismo, mellorará a zona de xogos ampliandoa en 60 metros cadrados maís, donde se instalará un novo chan antichoc, así como novo equipamento adaptado. Tamén se realizará unha mellora da eficiencia enerxética do edificio, con alumeado led e placas solares para apoyar a auga quente. A escola infantil, conta na actualidade con 31 usuarios, máximo histórico rexistrado de nenos dende a súa apertura hai máis de 30 anos. Con esta actuación, mellorarase amplamente o servicio que se presta na actualidade.
O alcalde, Pablo Taboada, manifesta que “o servicio da escola infantil representa un importante esforzó para as arcas municipais xa que o Concello sufraga un 70% do custe do servicio. Con esta actuación, mediante está axuda, non só melloraremos a atención senón que se producirá un importante aforro nos custes enerxéticos da instalación”. A súa vez resalta “a importante afluencia de nenos que está tendo este servicio e o impecable traballo que desenvolven as profesionais que prestan servicio e que fan posible o día a día da instalación”.
A conselleira de servicios sociais do Concello de Palas de Rei, Alba Villasante, o Alcalde de Palas Pablo Taboada visitaron as instalacións da Escola Infantil acompañados da Directora da mesma, Mónica García.