- Concello
- O Municipio
- Que visitar
- Servicios ao cidadá
- Enlaces
- Actas de Goberno
- Contas Municipais
- Convenios
<- voltar
O TRAMO PALAS DE REI –MELIDE, DA AUTOVÍA LUGO SANTIAGO (A-54), INICIA O PERIODO DE LEVANTAMENTO DE ACTAS PREVIAS
O TRAMO PALAS DE REI –MELIDE, DA AUTOVÍA LUGO SANTIAGO (A-54), INICIA O PERIODO DE LEVANTAMENTO DE ACTAS PREVIAS
Demarcación de Carreteras do Estado en Galicia, ven de notificar aos Concellos afectados polo procedemento de levantamento de actas previas a ocupación de ben e dereitos afectados polo proxecto da “Autovía Lugo- Santiago” (A- 54), tramo entre Palas de Rei- Melide En virtude delo, no Concello de Palas de Rei ponse en coñecemento de todos os veciños que se establece un período de sete días para o levantamento das Actas Previas á ocupación en Palas de Rei será na Casa Consistorial de 10:00h a 13:30h. dos días 14, 15, 18, 19 20, 21, e 22 de xullo. Así como, no Concello de Santiso é na Casa Consistorial o día 11 de xullo de 10:00h. a 10:30h e no Concello de Melide, na Casa Consistorial os días 12 e 13 de xullo de 10:00h. a 13:30h. A dito acto os titulares de bens e dereitos afectados, deberán comparecer, persoalmente ou representados por persoa debidamente autorizada, aportando os documentos acreditativos da titularidade e o último recibo do Imposto sobre Bens Inmobles (contribución). Este período, de levantamento de actas previas marco o inicio da fase de expropiación dos terreos que se estima neste tramo (Palas de Rei-Melide) que xeré uns máis de 6 millóns de euros de ingresos para o conxunto dos veciños/as e Comunidades de Montes afectados.
Dende que o pasado 20 outubro de 2015, entrase en funcionamento o tramo Guntín- Palas, o Municipio Palense está conectado coa capital provincial pola Autovía A-54, dado que os restantes tramos ata Lugo xa estaban en funcionamento. Foi precisamente ese tramo da Autovía, o de Guntín – Palas o que ven de xerar a redor duns 8 millóns de euros para o conxunto de veciños/as e Comunidades de Montes afectados polo trazado e derivados do procedemento de expropiación. Dito tramo, aínda ten pendente a construcción dunha Área de Servicio.