- Concello
- O Municipio
- Que visitar
- Servicios ao cidadá
- Enlaces
- Actas de Goberno
- Contas Municipais
- Convenios
- SUBVENCIÓNS
<- voltar
PALAS DE REI DISPORÁ DUNHA NOVA ZONA DE BAÑO PÚBLICO HABILITADA NO ENTORNO DO PARQUE EMPRESARIAL
PALAS DE REI DISPORÁ DUNHA NOVA ZONA DE BAÑO PÚBLICO HABILITADA NO ENTORNO DO PARQUE EMPRESARIAL
Palas de Rei disporá dunha nova zona de baño habilitada no entorno do parque empresarial, unha vez rematado o acondicionamento das súas instalacións agardase a súa apertura ó público en xeral de cara finais desta temporada ou xa o próximo ano.
As citadas instalacións, promovidas polo Grupo Jim Sports son froito da colaboración público-privada articulada co Concello de Palas de Rei, contarán cun servizo de bar de piscina con terraza e dispoñen de máis de 1500 metros cadrados de zonas verdes, así como, estarán dotadas dun parque infantil, donde os máis novos poidan desfrutar da zona de baño, todo elo encadrado nunha zona con múltiples instalacións deportivas e xusto ó lado do actual ximnasio. A inversión total, superou o 1.400.000 euros e foi asumida polo Grupo Jim Sports e estará disponible para os máis de 150 traballadores do Grupo empresarial e para os veciños/as de Palas de Rei.
No día de hoxe, o alcalde de Palas de Rei, Pablo Taboada, visitou as instalacións e asistiu ós actos de celebración do Sports Day que celebra Jim Sports e nos que contou con máis de 200 participantes. O CEO do Grupo, Jesús Manuel Graña acompañou o alcalde de Palas, Pablo Taboada, no percorrido polas instalacións, donde tamén analizaron as novas inversións previstas polo Grupo.



















