- Concello
- O Municipio
- Que visitar
- Servicios ao cidadá
- Enlaces
- Actas de Goberno
- Contas Municipais
- Convenios
- SUBVENCIÓNS
<- voltar
O CONCELLO DE PALAS RECIBE O PROXECTO PARA A CONSTRUCIÓN DA ESTACIÓN DE ITV FIXA NA TERCEIRA FASE DO POLÍGONO DE PALAS DE REI
O CONCELLO DE PALAS RECIBE O PROXECTO PARA A CONSTRUCIÓN DA ESTACIÓN DE ITV FIXA NA TERCEIRA FASE DO POLÍGONO DE PALAS DE REI
O Concello de Palas de Rei vén de recibir o proxecto para a construción dunha Estación de Inspección Técnica de Vehículos (ITV) comarcal e de carácter fixo, unha infraestrutura chamada a reforzar os servizos públicos da comarca da Ulloa.
O orzamento de execución de obra é de 1.603.916,83€ e permitirá dar servizo a preto de 40.000 vehículos. A nova estación localizarase na terceira fase do Polígono Empresarial de Palas de Rei, ocupando unha superficie de 2.000 metros cadrados e contará con dúas liñas de inspección.
O alcalde, Pablo Taboada, destacou a importancia deste proxecto para o municipio, sinalando que a nova ITV xerará quince empregos directos e facilitará o acceso a este servizo tanto á veciñanza de Palas de Rei como aos concellos da Ulloa e áreas limítrofes. “A estación fixa da ITV en Palas prestará servizo á nosa veciñanza e ao resto da comarca, evitando desprazamentos innecesarios”, afirmou.
O Concello inicia agora o procedemento para a concesión da licenza, mentres que as obras da ITV se desenvolverán de maneira simultánea coa construción da terceira fase do Polígono Empresarial, prevista para comezar despois do verán.
















