- Concello
- O Municipio
- Que visitar
- Servicios ao cidadá
- Enlaces
- Actas de Goberno
- Contas Municipais
- Convenios
- SUBVENCIÓNS
<- voltar
REUNIÓN DA MESA TÉCNICA DE COORDINACIÓN INTERINSTITUCIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO DE PALAS DE REI
REUNIÓN DA MESA TÉCNICA DE COORDINACIÓN INTERINSTITUCIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO DE PALAS DE REI
A primeira reunión anual da Mesa técnica de Coordinación Interinstitucional contra a Violencia de Xénero de Palas de Rei tivo lugar este martes, no Salón de Plenos da Casa Consitorial.
Esta Mesa de Coordinación Interinstitucional estivo integrada por: a secretaria a Psicóloga do CIM , a representante do Centro de Saúde de Palas de Rei, o Director e representante do CEIP de Palas de Rei, o Sarxento da Garda Civil, un Garda Civil Equipo Viogén Cia de Lugo, a Directora do CIM, o Director do Ies do Camiño, a orientadora do Ies do Camiño , o Avogado de CIM, as traballadoras Sociais dos Servizos Sociais de Palas de Rei.
A finalidade esencial desta Mesa Técnica de Traballo, reside en construir un marco estable de coordinación e análise compartida entre profesionais, orientado ao intercambio de coñecementos, valoracións e experiencias de intervención, asà como, ao impulso de actuacións conxuntas que permitan deseñar, reforzar e aplicar medidas eficaces na prevención da violencia de xénero e na promoción da igualdade efectiva. Neste escenario, a achega de cada profesional resulta especialmente relevante, na medida en que a pluralidade de enfoques, competencias e experiencias contribúe de maneira decisiva a unha comprensión máis ampla da realidade e ao desenvolvemento de respostas integrais, coordinadas e de maior alcance.

















