- Concello
- O Municipio
- Que visitar
- Servicios ao cidadá
- Enlaces
- Actas de Goberno
- Contas Municipais
- Convenios
- SUBVENCIÓNS
<- voltar
O CONCELLO DE PALAS SOLICITA A URXENTE REPARACIÓN DAS VÍAS DE TITULARIDADE PROVINCIAL
O CONCELLO DE PALAS SOLICITA A URXENTE REPARACIÓN DAS VÍAS DE TITULARIDADE PROVINCIAL
O Concello de Palas de Rei solicita á Deputación de Lugo a urxente reparación das vías provinciais que pasan por este municipio e que están a presentar:
-Degradación xeneralizada do firme, con fochancas, afundimentos e perda de capa de rodadura.
-Deficiencias no sistema de drenaxe, con acumulación de auga en varios puntos.
-Sinalización horizontal e vertical insuficiente ou deteriorada, afectando á visibilidade e á correcta interpretación da vía.
-Falta de limpeza e mantemento das marxes, con vexetación que invade parte da calzada e reduce a seguridade.
Estes defectos supoñen un risco evidente para a circulación, incrementan a probabilidade de accidentes e ocasionan danos materiais nos vehículos que transitan pola vías. Ademais, trátase de estradas empregadas de maneira habitual por residentes, servizos públicos, transporte agrícola e vehículos de industriais, polo que o seu correcto estado resulta esencial para garantir a mobilidade e a prestación de servizos básicos. Son vías como a: LU2901P; LU 4001P; ou a LU4004P que presentan serios deterioros no seu firme e conservación.
En consecuencia, o Concello de Palas solicita que se realice unha inspección técnica urxente das vías titularidade provincial e que se adopten as medidas correctoras necesarias, incluíndo reparación integral do firme, mellora do drenaxe, reposición da sinalización e limpeza das marxes; así como, que se estableza un plan de mantemento preventivo e periódico, conforme ás obrigas de conservación recollidas na normativa aplicable ás vías provinciais.

















