- Concello
- O Municipio
- Que visitar
- Servicios ao cidadá
- Enlaces
- Actas de Goberno
- Contas Municipais
- Convenios
- SUBVENCIÓNS
<- voltar
O CONCELLO DE PALAS TEN EN FUNCIONAMENTO O XEOPADRÓN E PERMITE AUTENTIFICAR A IDENTIDADE DO CERTIFICADO DIXITAL ÁS PERSOAS FÍSICAS
O CONCELLO DE PALAS TEN EN FUNCIONAMENTO O XEOPADRÓN E PERMITE AUTENTIFICAR A IDENTIDADE DO CERTIFICADO DIXITAL ÁS PERSOAS FÍSICAS
O Concello de Palas de Rei vén de dar un paso más no proceso de modernización administrativa, ao dixitalizar o Padrón de habitantes, o que se traduce nunha mellora da actualización continua e áxil dos datos do padrón, o que permite optimizar recursos e mellorar a calidade dos servizos públicos prestados á veciñanza. Este programa denominado Xeopadrón, implementado en virtude do convenio de colaboración asinado coa Deputación Provincial e con cargo a fondos europeos, servirá para revisar os datos do censo do concello e contrastalos cos que ten o Instituto Nacional de Estadística (INE) e co catastro; facilitando a cidadanía que así o desexe os correspondentes certificados de padrón de forma dixital, sen ter que se desprazar ás oficinas do Concello.
Tamén, dende o Concello de Palas de Rei, se pode tramitar a autentificación da identidade dixital do Certificado Dixital para persoas físicas sen ter que se desprazar ás Oficinas da Seguridade Social e ou Facenda. O Certificado dixital permite firmar e acreditar a identidade de forma segura en Internet. Este Certificado electrónico do Cidadán, permite realizar trámites de forma segura coa Administración Pública e Entidades Privadas a través de Internet. A solicitude faise á fábrica Nacional de Moneda e Timbre e co código que se obtén faise a autentificación da identidade dixital, identificándose nas oficinas do Concello Palas para recibir o código de descarga que se instalará no dispositivo (ordenador e ou móbil) do cidadán.
Para resolver calquer dúbida destes trámites poden dirixirse ás oficinas do Concello de Palas de Rei ou a través do teléfono 982380001.

















