- Concello
- O Municipio
- Que visitar
- Servicios ao cidadá
- Enlaces
- Actas de Goberno
- Contas Municipais
- Convenios
- SUBVENCIÓNS
<- voltar
A PLANTA DE LARVA DE MOSCA DE PALAS TRAMITA A AMPLIACIÓN DAS SÚAS INSTALACIÓNS CO QUE PRETENDE INVERTIR 100 MILLÓNS DE EUROS E PASAR DE 12.000 A 62.000 TONELEDAS DE PRODUCIÓN
A PLANTA DE LARVA DE MOSCA DE PALAS TRAMITA A AMPLIACIÓN DAS SÚAS INSTALACIÓNS CO QUE PRETENDE INVERTIR 100 MILLÓNS DE EUROS E PASAR DE 12.000 A 62.000 TONELEDAS DE PRODUCIÓN
Alfaprogal, empresa filial da firma Bioflytech, dedicada á fabricación de derivados de larvas de mosca soldado negra, tramita a ampliación das súas instalacións en Palas de Rei co que pretende pasar das 12.000 a 62.000 toneladas de produción anuais.
As obras comenzarán ao longo do 2026 e supoñen unha inversión de 100 millóns de euros para o que se solicitou á Xunta de Galicia a declaración de proxecto industrial estratéxico (PIE).
A firma leva asentada en Palas de Rei dende 2023 cunha planta de 50.000 metros cadrados, con esta ampliación, tamén, se pretende un aumento no número de traballadores, ata 150 (entre directos e indirectos).
A empresa Bioflytech e a súa filial galega en Palas de Rei, Alfaprogal son lÃderes en Europa na elaboración de produtos derivados da larva de mosca soldado negra, como poden ser fariñas, ou os produtos cosméticos ou fertilizantes. A larva seca se obtén do secado casi completo da larva fresca sendo un produto altamente proteico que se emprega como complemento alimenticio para galiñas poñedoras, polos ou na alimentación da industria porcina.
A larva desgrasada produce unha fariña indicada para a alimentación de mascotas, tanto a nivel acuÃcula como de aves, ou para animais da industria peleteira, mentras que a graxa que se destina á industria farmacéutica, a cosmética ou á alimentación animal. Para o engorde das larvas se recorre a subprodutos vexetais que acaban producindo un compost que se usa como fertilizante, cerrando asà todo o ciclo.
Agora mesmo o complexo produtivo conta con seis naves de engorde de larvas, unha liña de procesamento de gases única no mercado para a fabricación de fariñas, dúas lÃñas de rendering tradicional e unha zona de secado.

















