- Concello
- O Municipio
- Que visitar
- Servicios ao cidadá
- Enlaces
- Actas de Goberno
- Contas Municipais
- Convenios
- SUBVENCIÓNS
<- voltar
A FEIRA DO CABALO DA ULLOA REPARTE ESTE ANO 2760 EUROS EN PREMIOS MÁIS MEDALLAS, ESTE SÁBADO EN VILAR DE DONAS
A FEIRA DO CABALO DA ULLOA REPARTE ESTE ANO 2760 EUROS EN PREMIOS MÁIS MEDALLAS, ESTE SÁBADO EN VILAR DE DONAS
Este sábado, 2 de agosto, Vilar de Donas acolle a edición XXXII da Feira do Cabalo Comarca da Ulloa, na pista do hipódromo do lugar. Un total de oito probas terán lugar durante a xornada que arranca as 10:30 horas no recinto cabalar. Pola maña, celébranse as probas de: andadura a dous tempos (serrada) e a catro tempos (chapeada), así como, a de trote de trotóns. Pola tarde, celébranse as probas de velocidade de: cruzados, pura sangre inglesa, árabe, así como, as carreira de burros, a proba de estampa e beleza e a partires das 18:30h terá lugar o espectáculo de “la magia del Caballo”. Este ano repártense un total de 2.760 euros en premios nas oito categorías de probas da xornada.
Hoxe tivo lugar, o acto de presentación ao que asistiu o alcalde do Concello de Palas, Pablo Taboada, representantes do comité organizador e da Asociación a Capela impulsores da iniciativa.
















