- Concello
- O Municipio
- Que visitar
- Servicios ao cidadá
- Enlaces
- Actas de Goberno
- Contas Municipais
- Convenios
- SUBVENCIÓNS
<- voltar
PALAS DE REI POSICIONASE COMO POLO EMPRENDOR DA ULLOA E TERRAS DE MELIDE
PALAS DE REI POSICIONASE COMO POLO EMPRENDOR DA ULLOA E TERRAS DE MELIDE
O Concello de Palas de Rei é o Concello da Comarca da Ulloa - Melide con menos taxa de desemprego, segundo os últimos datos estatÃsticos.
Desta maneira, Palas de Rei posicionase nun 4% seguido de Santiso, Toques, Monterroso, Melide e Antas de Ulla nun 7% e por este orde dan conta duns resultados donde o concello palense destaca dado que exerce de polo emprendedor xa non só para a Ulloa, senón que tamén para Terras de Melide(Santiso, Toques, Melide) xa que a dÃa de hoxe, moita xente doutros concellos desenvolve a súa actividade laboral en Palas de Rei.
Neste sentido, o alcalde, Pablo Taboada, opina que " son datos moi bos pero aÃnda asÃ, máis de 400 veciños/as dos 6 concellos están en situación de desemprego e dende as diferentes administracións debemos traballar para que todos teñan unha actividade profesional digna". O rexedor palense "valorou os diferentes Proxectos empresariais realizados en Palas de Rei nos distintos ámbitos (industrial, deportivo, agrogandeiro,...) que supuxeron unha inxección de máis de 52 millóns de euros no municipio palense nos últimos 2 anos o que se traduce nunha revitalización económica importante". Neste senso, destacou que "o Concello de Palas de Rei segurá apoiando ós empresarios, emprendedores, autónomos e traballadores dos diferentes ámbitos(turÃstico, gandeiro, agropecuario, forestal,...) con baixas taxas impositivas e facilidades para a implantación e asentamento da súa actividade económica no municipio e con elo na Comarca".

















