- Concello
- O Municipio
- Que visitar
- Servicios ao cidadá
- Enlaces
- Actas de Goberno
- Contas Municipais
- Convenios
- SUBVENCIÓNS
<- voltar
O CONCELLO DE PALAS OFERTARÁ TERREOS Á XUNTA PARA A CONSTRUCIÓN DE VIVENDA PÚBLICA
O CONCELLO DE PALAS OFERTARÁ TERREOS Á XUNTA PARA A CONSTRUCIÓN DE VIVENDA PÚBLICA
O Concello de Palas de Rei ofertará terreos á Xunta de Galicia para a construción de vivenda pública. A proposta que será enviada na próxima semana incluirá unha parcela titularidade do Concello de Palas de Rei, calificado como sólo urbano consolidado con diferentes posibilidades construtivas, neste sentido, o rexedor estudará coa Conselleira de Vivenda as diferentes modalidades de promoción tanto pública, ó cen por cen, como colaboracións publico-privadas, co obxetivo de crear máis vivenda no municipio.
A parcela, conta con 610 metros cadrados, cunha edificabilidade do cen por cen e facilitaría a construción de 12 vivendas cos correspondentes garaxes.
_0.jpg)