- Concello
- O Municipio
- Que visitar
- Servicios ao cidadá
- Enlaces
- Actas de Goberno
- Contas Municipais
- Convenios
- SUBVENCIÓNS
<- voltar
A MANCOMUNIDADE PROXECTA UNHA MOSTRA DE PROMOCIÓN DO CAMIÑO EN TODA ESPAÑA
A MANCOMUNIDADE PROXECTA UNHA MOSTRA DE PROMOCIÓN DO CAMIÑO EN TODA ESPAÑA
A Mancomunidade de Concellos do Camiño Francés e a Asociación Camino de Santiago Calle Mayor de Europa proxectan promocionar esta ruta xacobea cunha exposición en distintos puntos de España e no estranxeiro. Para elo buscan a participación de cinco comunidades autónomas polas que atravesa o Camiño Francés.
As dúas entidades, mantiveron este luns unha reunión con Turismo de Galicia para estudar posibles vías de colaboración. Participaron o director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, a presidenta da Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés e alcaldesa de Triacastela, María Olga Iglesias, o responsable de Calle Mayor de Europa, Alfredo Álvarez e os rexedores dos Concellos do Camiño do: Pino, Palas de Rei e Molinaseca donde abordaron distintas liñas de colaboración ao longo deste 2025.
Turismo de Galicia e esta entidade veñen mantendo unha intensa colaboración na promoción do Camiño Francés, o itinerario máis elixido cada ano polos peregrinos. En 2024, foi percorrido por 236.380 persoas e no que vai de ano, xa o fixeron 1.532.