- Concello
- O Municipio
- Que visitar
- Servicios ao cidadá
- Enlaces
- Actas de Goberno
- Contas Municipais
- Convenios
- SUBVENCIÓNS
<- voltar
O CONCURSO DE MELES V ESTRELAS PREMIA A UNHA APICULTURA DE VILAREDA EN PALAS DE REI
O CONCURSO DE MELES V ESTRELAS PREMIA A UNHA APICULTURA DE VILAREDA EN PALAS DE REI
O concurso Meles V Estrelas, que organiza a Asociación Galega de Apicultura (Aga) e que este ano acadou a súa sexta edición, premiou a unha apicultora da parroquia de Vilareda en Palas de Rei, Ramona Mercedes Ríos Varela con Mel “Rapariga”, na categoría de bronce de Mel Multifloral.
Na gala coa que se pechou o certamé, celebrada este luns ,16 de decembro, en Lalín tras una cata previa, outorgaron medallas de ouro, prata e bronce a cada categoría do concurso para productores de mel. Dende a Asociación Galega de Apicultura destacouse que está, foi unha “edición récord en canto ao número de participantes”, así como, “a altísima calidade dos productos presentados con moito esmero e cumprindo os máis rigorosos parámetros, que superan nalgúns casos aos da propia IXP”.
O alcalde de Palas de Rei, Pablo Taboada e a Concelleira de Servizos Sociais, Alba Villasante, trasládanlle os parabéns a Ramona Mercedes Ríos polo recoñecemento acadado co seu mel “Rapariga”.