- Concello
- O Municipio
- Que visitar
- Servicios ao cidadá
- Enlaces
- Actas de Goberno
- Contas Municipais
- Convenios
- SUBVENCIÓNS
<- voltar
PRESENTADA EN PALAS DE REI A GUÍA TURÍSTICA DO XEODESTINO COMARCA DE LUGO TERRAS DA ULLOA
PRESENTADA EN PALAS DE REI A GUÍA TURÍSTICA DO XEODESTINO COMARCA DE LUGO TERRAS DA ULLOA
Este mércores, 27 de novembro, o Centro Comarcal da Ulloa acolleu o acto de presentación oficial da guía turística do Xeodestino Comarca de Lugo e Terras da Ulloa. Un evento dirixido ao sector turístico e á poboación en xeral, co obxectivo de dar a coñecer os principais recursos e atractivos turísticos da zona.
O Xeodestino Comarca de Lugo e Terras da Ulloa está integrado polos municipios de Antas de Ulla, Castroverde, Friol, Guntín, Monterroso, Outeiro de Rei, Palas de Rei, O Páramo, Rábade e O Corgo. A Guía, ofrece unha presentación de como chegar a estos territorios, os puntos de interés en cada un deles, destaca ademais, o seu patrimonio cultural e a naturaleza, así como, os productos gastronómicos por excelencia. Tamén ofrece uns itinerarios pa desenvolver a pe ou en bicicleta.