- Concello
- O Municipio
- Que visitar
- Servicios ao cidadá
- Enlaces
- Actas de Goberno
- Contas Municipais
- Convenios
- SUBVENCIÓNS
<- voltar
O PRESIDENTE DE HOSTALERÍA E TURISMO DE GALICIA, CHECHÉ REAL, TRASLADA A PALAS DE REI AS SÚAS FELICITACIÓNS POLO GALARDÓN DE “POBO MÁIS BONITO DE GALICIA” NA APP ESPAÑA TURISMO
O PRESIDENTE DE HOSTALERÍA E TURISMO DE GALICIA, CHECHÉ REAL, TRASLADA A PALAS DE REI AS SÚAS FELICITACIÓNS POLO GALARDÓN DE “POBO MÁIS BONITO DE GALICIA” NA APP ESPAÑA TURISMO
O presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo e Presidente de Hostalería e Turísmo de Galicia, Cheché Real, trasladou as súas felicitacións polo recoñecemento outorgado a Palas de Rei como “Pobo máis bonito de Galicia”, segundo o concurso organizado pola App España Turismo.
Dito galardón “é un merecido recoñecemento que reflicte o traballo de todos aqueles que día a día contribúen a poñer en valor a contorna, a cultura e a gastronomía de Palas de Rei, ademáis de ser un enclave no Camiño Francés” segundo manifesta Cheché Real quen a súa vez, confía en que este premio “serva de impulso para o turismo de toda a provincia de Lugo, atraendo a máis visitantes e fomentando o desenvolvemento económico local”.