- Concello
- O Municipio
- Que visitar
- Servicios ao cidadá
- Enlaces
- Actas de Goberno
- Contas Municipais
- Convenios
- SUBVENCIÓNS
<- voltar
CAMPAÑA DE SENSIBILIZACIÓN E LOITA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO, POSTA EN MARCHA DENDE O CIM, PARA ESTE MES DE NOVEMBRO
CAMPAÑA DE SENSIBILIZACIÓN E LOITA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO, POSTA EN MARCHA DENDE O CIM, PARA ESTE MES DE NOVEMBRO
O Centro de Información a Muller (CIM) de Palas de Rei, programa para este mes de novembro un conxunto de actividades para conmemorar o Día Internacional contra a Violencia de Xénero.
O título da Campaña é: PALAS DE REI DILLE NON A VIOLENCIA DE XÉNERO: "NON MÁIS VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES".
As actividades levaranse a cabo entre o día 22 de novembro ata o 26 de novembro de 2024 no Concello de Palas de Rei.
Venres, 22 de Novembro de 2024, as 12:00 horas, na Casa da Cultura do Concello de Palas de Rei, e dirixido o alumnado do IES de Palas de Rei, a obra de teatro, “GOLPES”, protagonizado por Estíbaliz Veiga, un espectáculo teatral pedagóxico de sensibilización sobre a violencia de xénero.
Sábado, 23 de Novembro de 2024 as 11:00 horas,"VI Andaina contra a Violencia de Xénero de Palas de Rei o Castelo de Pambre". Saída desde a Praza do Concello.
A chegada o Castelo de Pambre e unha vez rematada a Andaina faremos un minuto de silencio por todas as mulleres asesinadas por VX no que vai de ano, coa pancarta da campaña "Non máis Violencia contra ás Mulleres".
Martes, 26 de Novembro de 2024, na Biblioteca do CEIP de Palas de Rei , e dirixido o seu alumnado, polo Obradoiro de Teatro de Palas de Rei presenta a obra “TERRA DE SOÑOS”, as 10:00 horas, primeira sesión para o alumnado de Educación Infantil e 1º e 2º de Primaria, e as 11: horas, segunda sesión para o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria, un espectáculo que nos amosa, desde unha perspectiva dinámica, cómica e pedagóxica, diversas historias que invitan á reflexión sobre valores como a IGUALDADE, a cultura da paz, o respecto ao medioambiente, a solidariedade e a integración.
Mércores 27 novembro de 2024, no Colexio CEIP Palas de Rei Obradoiro Creativo “Cómics pola Igualdade”
O vindeiro mércores 27 de novembro, o alumnado de 5º e 6º de Primaria do Colexio CEIP Palas de Rei terá a oportunidade de participar no obradoiro Cómics pola Igualdade, que se desenvolverá en dúas sesións, ás 10:40 e ás 11:30. Esta actividade, deseñada para fomentar a reflexión, a creatividade e a sensibilización, ten como
obxectivo promover valores de igualdade entre os máis pequenos, convidándoos a reflexionar sobre as relacións igualitarias e a importancia de identificar e rexeitar a violencia de xénero. A través da linguaxe do cómic, os participantes poderán explorar estas temáticas dun xeito lúdico e creativo, contribuíndo así ao seu crecemento persoal e ao fortalecemento dunha sociedade máis xusta e respectuosa.