- Concello
- O Municipio
- Que visitar
- Servicios ao cidadá
- Enlaces
- Actas de Goberno
- Contas Municipais
- Convenios
- SUBVENCIÓNS
<- voltar
O INTERÉS POLA EVOLUCIÓN DA SEGUNDA FASE DO PROXECTO DE ACONDICIONAMENTO DA LU-231, ENTRE PALAS E FRIOL, ASÍ COMO, A IMPORTANCIA DAS OBRAS PROPOSTAS DENTRO DO PLAN URBE PARA PALAS DE REI CENTRAN O PRIMEIRO ENCONTRO ENTRE O REXEDOR PALENSE ENOVA CONSELLEI
O INTERÉS POLA EVOLUCIÓN DA SEGUNDA FASE DO PROXECTO DE ACONDICIONAMENTO DA LU-231, ENTRE PALAS E FRIOL, ASÍ COMO, A IMPORTANCIA DAS OBRAS PROPOSTAS DENTRO DO PLAN URBE PARA PALAS DE REI CENTRAN O PRIMEIRO ENCONTRO ENTRE O REXEDOR PALENSE E A NOVA CONSELLEIRA DE VIVENDA E PLANIFICACIÓN DE INFRAESTRUCTURAS
O alcalde de Palas, Pablo Taboada, aproveitou a recente visita a Comarca da Ulloa da recen elixida conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestructuras da Xunta de Galicia, María Martínez, para trasladarlle as necesidades en varios proxectos que afectan ó municipio. Neste sentido o rexedor palense, Pablo Taboada, interesouse pola evolución da segunda fase do proxecto de acondicionamento da vía titularidade autonómica entre Palas de Rei a Friol, a LU-231, máis concretamente, o treito que vai dende Castrelo a Palas de Rei e ó correspondente proceso expropiatorio. Donde destacou que “execución da totalidade deste eixo viario é fundamental dado que, ademais de beneficiar as conexións directas entre Palas e Friol, conectaría tres autovías: trascantabrica, A-6, e a A-54, así como, suporá a mellora da competitividade para a produción do sector primario e a industria desta contorna da provincia de Lugo”.
O alcalde de Palas, Pablo Taboada, tamén lle trasladou a Conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestructuras a importancia e a necesidade das novas obras de acondicionamento propostas dentro Plan Urbe para Palas de Rei.