- Concello
- O Municipio
- Que visitar
- Servicios ao cidadá
- Enlaces
- Actas de Goberno
- Contas Municipais
- Convenios
- SUBVENCIÓNS
<- voltar
OS CHACOTES OFERTAN ESTE VERÁN UN NOVO CAMPAMENTO PARA XENTE NOVA DE ATA 12 ANOS, ADEMAIS DUN CAMPO DE TRABALLO INTERNACIONAL
OS CHACOTES OFERTAN ESTE VERÁN UN NOVO CAMPAMENTO PARA XENTE NOVA DE ATA 12 ANOS, ADEMAIS DUN CAMPO DE TRABALLO INTERNACIONAL
O Concello de Palas de Rei terá este verán na zona de acampada dos Chacotes un novo campamento de verán para xente nova de ata 12 anos con diferentes actividades para desenvolver.
A actuación, programada en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude terá lugar nas diferentes quincenas dos meses de xullo e agosto e participaran xente nova de toda España. Así mesmo, tamén promovido pola Dirección Xeral de Xuventude terá lugar un novo campo de traballo internacional na última semana de agosto e na primeira de setembro.
O alcalde, Pablo Taboada, agradece aos responsables da Dirección Xeral de Xuventude as programacións que se desenvolven cada verán no Campamento dos Chacotes orientadas aos máis novos e que ofertan a posibilidade de coñecer Palas de Rei de cara a xuventude do exterior.
A Xunta de Galicia ten aberto o prazo, ata o 30 de abril, para solicitar praza en campamentos e campos de voluntariado neste verán. As solicitudes deberanse facer mediante a sede electrónica da Xunta. A campaña de verán da Xunta, baixo o lema “o teu mellor verán”, oferta diversas actividades para a mocidade de entre 9 a 30 anos. Para máis información, poden consultar na web xuventude.net