- Concello
- O Municipio
- Que visitar
- Servicios ao cidadá
- Enlaces
- Actas de Goberno
- Contas Municipais
- Convenios
<- voltar
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA O PROGRAMA "XUNTOS POLO NADAL"
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA O PROGRAMA "XUNTOS POLO NADAL"
A Consellería de Política Social e Xuventude, a través da Dirección Xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, organiza este programa “Xuntos polo nadal”
Persoas beneficiarias:
1.Ter 60 anos, cumpridos no momento en que remate o prazo de presentación de solicitudes.
2.Estar empadroado nalgún concello galego.
3.Vivir so no seu domicilio e ter que pasar só/a as datas do Nadal.
4.Valerse por si mesmo e non padecer enfermidade transmisible con risco de contaxio, nin trastornos mentais ou condutuais non compensados que poidan alterar a convivencia durante o transcurso da estadía.
Recoméndase estar vacinado fronte a COVID-19 segundo o calendario sanitario vixente.
Para a selección dos participantes daráselle preferencia ás persoas que:
•Perderan ao seu cónxuxe ou persoa coa que convivisen nos últimos anos.
•Teñan máis idade
•Non participaran no Programa Xuntos polo Nadal en pasadas edicións.
Custo da praza:
As persoas participantes asistirán de forma gratuíta ao programa. Os gastos de desprazamento desde o domicilio dos adxudicatarios ata o lugar de saída que se indique nas localidades de Ferrol, A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra ou Vigo e viceversa serán por conta da persoa participante.
Prazas e destinos:
Ofértanse un total de 240 prazas distribuídas do seguinte xeito:
•130 prazas na Residencia de Tempo Libre do Carballiño (Ourense), para as persoas solicitantes das provincias de A Coruña e Lugo.
•140 prazas na Residencia de Tempo Libre de Panxón, en Nigrán (Pontevedra), para as persoas solicitantes da provincia de Pontevedra e Ourense.
No caso de quedar prazas sen adxudicar, valorarase dar media quenda (de 24 de decembro de 2023 ao 30 de decembro de 2023, ou de 31 de decembro de 2023 ao 7 de xaneiro de 2024).
Datas:
Este programa levarase a cabo entre o día 24 de decembro de 2023 e o día 7 de xaneiro de 2024 en dúas quendas de 8 días cada unha (7 noites).
O prazo de presentación estará aberto ata o día 8 de decembro de 2023 (incluído)