- Concello
- O Municipio
- Que visitar
- Servicios ao cidadá
- Enlaces
- Actas de Goberno
- Contas Municipais
- Convenios
<- voltar
A ASOCIACIÓN DE EMPRESARIAS DE GALICIA E COCA-COLA TROUXERON A PALAS DE REI UNHA XORNADA SOBRE EMPRENDEMENTO RURAL FEMENINO
A ASOCIACIÓN DE EMPRESARIAS DE GALICIA E COCA-COLA TROUXERON A PALAS DE REI UNHA XORNADA SOBRE EMPRENDEMENTO RURAL FEMENINO
“O papel da muller emprendedora rural é clave para revitalizar os pobos de Galicia polo que é necesario apoiar a súa capacidade de xerar impactos sociais e medioambientais positivos nestes territorios”, esta é unha das conclusións, ás que se chegou na xornada sobre o “Emprendemento Rural Femenino” que tivo lugar o xoves 16 de novembro, no complexo Parada das Bestas de Pidre, en Palas de Rei, e que estivo organizada por Coca-Cola e a Asociación de Empresarias Galicia. Donde se deron a coñecer os detalles do Proxecto “Gira Mujeres”, que este ano celebra a súa sétima edición e as conclusións do informe GEM.
Logo da benvida ofrecida a cargo do alcalde de Palas de Rei, Pablo Taboada, ós participantes; Susana Pérez, Presidenta da Asociación de Empresarias de Galicia presentou a xornada; donde María Sande, Xefa do Departamento de Comunicación de Coca-Cola Europacific Partners, disertou sobre o Proxecto “Gira Mujeres”; para logo Isabel Neira, Catedrática de Economía Aplicada na USC, abordar o estudio “Emprendedoras rurais en España”. A xornada contou con conversas con empresarias e emprendedoras da zona, en concreto, contaron a súa experiencia Nuria Varela de Pazo Vilane e Isabelle Gómez de Traloagro. Tamén houvo un espazo para o debate.