- Concello
- O Municipio
- Que visitar
- Servicios ao cidadá
- Enlaces
- Actas de Goberno
- Contas Municipais
- Convenios
<- voltar
A PORTADA PRINCIPAL DA IGREXA ROMÁNICA DE VILAR DE DONAS ESTÁ SENDO RESTAURADA POR TÉCNICOS CONTRATADOS POLA XUNTA
A PORTADA PRINCIPAL DA IGREXA ROMÁNICA DE VILAR DE DONAS ESTÁ SENDO RESTAURADA POR TÉCNICOS CONTRATADOS POLA XUNTA
Deron comenzo os traballos limpeza e restauración da portada principal da Igrexa románica de Vilar de Donas.
O Concello de Palas solicitara á Consellería de Cultura da Xunta de Galicia estas obras de limpeza, conservación e restauración das partes deterioradas polo paso do tempo desta Igrexa románica, declarada patrimonio histórico artístico nacional desde 1931 e Ben de Interese Cultural (BIC), referente turístico no municipio, que anualmente acapara o punto de atención de milleiros de interesados polos seus elementos patrimoniais, artísticos e culturais que encerran os seus muros de pedra.
As labores de limpeza, conservación e restauración céntranse, estos días, na portada principal de castaño, que data do século XIII, están sendo efectuadas por persoal técnico da empresa contratada pola Consellería de Cultura da Xunta de Galicia.
