- Concello
- O Municipio
- Que visitar
- Servicios ao cidadá
- Enlaces
- Actas de Goberno
- Contas Municipais
- Convenios
<- voltar
A XUNTA FOMENTA A PARTICIPACIÓN DA MOCIDADE EN ACTIVIDADES DE VERÁN, DE OCIO E TEMPO LIBRE, CON CAMPAMENTOS E CAMPOS DE VOLUNTARIADO QUE ESTÁN TENDO LUGAR EN LOCALIDADES COMO AQUÍ EN PALAS DE REI
A XUNTA FOMENTA A PARTICIPACIÓN DA MOCIDADE EN ACTIVIDADES DE VERÁN, DE OCIO E TEMPO LIBRE, CON CAMPAMENTOS E CAMPOS DE VOLUNTARIADO QUE ESTÁN TENDO LUGAR EN LOCALIDADES COMO AQUÍ EN PALAS DE REI
A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, visitou o Campamento dos Chacotes e o campo de voluntariado do Camiño en Palas de Rei. Na súa visita, estivo acompañada polo alcalde, Pablo Taboada, e a concelleira de servicios sociais, Alba Villasante, xuntos intercambiaron impresións da estadía cos mozos e mozas participantes nas accións de verán da Xunta.
As actividades do campamento están centradas nos deportes de aventura e os participantes poden desde montar en Kayak, facer escalada en rocódromo, subir en bicicleta de montaña, ademais, das diversas visitas a lugares de interesé como o Castelo de Pambre. No campo de voluntariado, un grupo de doce persoas procedentes de Galicia e doutras Comunidades de España, así como, Francía, México e Italia axudan ós peregrinos que pasan por Palas na súa andaina ata Santiago de Compostela. A través deste campo, se contribúe a dinamizar este treito do Camiño, poñendo en valor a zona e dando a coñecer os seus elementos de interesé.
Cristina Pichel, destacou a ampla oferta de actividades de ocio e tempo libre para a xuventude, así como, o liderazgo de Galicia en materia de acción de verán, dado que a través desta campaña este ano ofertáronse máis de 11.200 prazas en distintas actividades como campamentos, campos de voluntariado, así como, tamén, en minicampamentos ou intercambios con outras Comunidades Autónomas.
