- Concello
- O Municipio
- Que visitar
- Servicios ao cidadá
- Enlaces
- Actas de Goberno
- Contas Municipais
- Convenios
<- voltar
COMIDA ANUAL DA ASOCIACIÓN DE XUBILADOS E PENSIONISTAS DE PALAS DE REI
COMIDA ANUAL DA ASOCIACIÓN DE XUBILADOS E PENSIONISTAS DE PALAS DE REI
Un ano máis, a Asociación de Xubilados e Pensionistas de Palas de Rei, celebrou, no Pavillón dos Chacotes, a comida de confraternidade anual. Ó redor dun centear de socios/as xuntáronse na mesma, na que tamén os acompañaron algúns párrocos das igrexas, o Alcalde de Palas de Rei e a asistenta social. Os participantes, degustaron un menu variado, para logo, dar paso ó interprete Suso de Boente encargado de amenizar musicalmente a xornada. O Presidente da Asociación de Xubilados e Pensionistas de Palas, Jesus Rouco, aproveitou para agradecer ó alcalde de Palas a colaboración do Concello nas actividades que desenvolven dende a Asociación.