- Concello
- O Municipio
- Que visitar
- Servicios ao cidadá
- Enlaces
- Actas de Goberno
- Contas Municipais
- Convenios
<- voltar
A FIBRA ÓPTICA QUE CUBRE A MÁIS DO 75 % DA POBOACIÓN EN PALAS DE REI, ACADA OS NÚCLEOS DE ALBÁ, SAN MIGUEL DE COENCE E OROSA
A FIBRA ÓPTICA QUE CUBRE A MÁIS DO 75 % DA POBOACIÓN EN PALAS DE REI, ACADA OS NÚCLEOS DE ALBÁ, SAN MIGUEL DE COENCE E OROSA
O proceso de implantación da fibra óptica no termo municipal de Palas de Rei prosegue segundo o previsto dende o ente municipal, chegando nestes momentos a máis do 75% da poboación, o que se traduce en preto do 68% territorio cuberto por fibra. Así quedou corroborado na última xuntanza entre o alcalde de Palas, Pablo Taboada, co representate da empresa colaboradora no proceso de implantación no termo municipal. Este proceso, vén de permitir estos días que os veciños/as de: Albá, San Miguel de Coence e Orosa teñan a súa disposición a posibilidade de darse de alta e acollerse aos beneficios que ofrece a fibra óptica nos seus respectivos domicilios. “Os traballos alcanzaran agora, tamén outros puntos do municipio” tal e como avanzou o propio alcalde, Pablo Taboada, “manterán un ritmo alto de execución para acadar o 98% do territorio conectado antes do mes de novembro”, neste senso, destacou “os máis de 70.000 metros lineais de cable que se instalarán no municipio”, así como, a “boa colaboración da veciñanza no proceso de instalación de postes ou apoios diversos para facilitar a colocación do cable” neste senso, tamén destacou que a administración municipal permite utilizar os seus propios postes do alumeado público para facilitar o proceso de acceso de cable de conexión a tódalas vivendas”. O alcalde de Palas, considera que “este proceso de instalación da fibra óptica no municipio conforma un dos obxectivos prioritarios deste ano 2023”