- Concello
- O Municipio
- Que visitar
- Servicios ao cidadá
- Enlaces
- Actas de Goberno
- Contas Municipais
- Convenios
<- voltar
O CENTRO COMARCAL EN PALAS, ACOLLE ESTE SÁBADO, O PRIMEIRO CAMPENATO DE MUS DO CAMIÑO DE SANTIAGO
O CENTRO COMARCAL EN PALAS, ACOLLE ESTE SÁBADO, O PRIMEIRO CAMPENATO DE MUS DO CAMIÑO DE SANTIAGO
O Centro Comarcal da Ulloa acolle este sábado, 25 de marzo, o primeiro campeonato de mus “Camiño de Santiago” organizado dende o colectivo Lucus Museiros (Lumus) en colaboración co Concello de Palas de Rei.
Ás 9:30 horas comenza o rexistro de participantes, para comenzar a xogar ás 10:00 horas e ata ás 21:30 horas, cun descanso de dúas horas para comer e dar un paseo por Palas de Rei. Ata o momento, máis de 38 parexas xa formalizaron a súa inscrición. Os que queiran participar poden anotarse na páxina mustotal.com ou mañá persoándose nas dependencias do Centro Comarcar, ese día, ás 9:30 horas. A inscrición custa 25 euros.
En canto aos premios, haberá un agasallo para todas as parexas participantes, ademais de xogarse tres prazas para o Campeonato Galego de Mus, con hotel incluido, que se vai celebrar en outubro en Pontevedra. Tamén se entregaran para os primeiros clasificados figuras de Sargadelos vinculadas ó Camiño de Santiago e produtos de A Ulloa.