- Concello
- O Municipio
- Que visitar
- Servicios ao cidadá
- Enlaces
- Actas de Goberno
- Contas Municipais
- Convenios
<- voltar
O ALUMNADO DO CEIP DE PALAS CONMEMORA O DÍA DA ARBORE VISITANDO A PRANTACIÓN FEITA, FAI UN ANO, EN VILAR DE DONAS
O ALUMNADO DO CEIP DE PALAS CONMEMORA O DÍA DA ARBORE VISITANDO A PRANTACIÓN FEITA, FAI UN ANO, EN VILAR DE DONAS
En conmemoración do día do árbore, o alumnado do Ceip de Palas de Rei visitou a prantación das árbores, feita fai un ano, nas instalacións da pista do hipódromo de Vilar de Donas. Os alumnos/as fixeron unha comprobación do estado das árbores que se encargaron de prantar e apadrinar. Unha xornada de concienciación ambiental, na que tamén, desfrutaron do espacio verde que ofrecen as instalacións en Vilar de Donas. Dende a Asociación A Capela de Vilar de Donas, impulsora da iniciativa de prantación e apadriñamento das árbores, o seu presidente, Raúl Lopez, fai fincapé “na importancia do coidado mediambiental e da preservación das árbores como fonte de vida, quen destaca a importancia deste tipo de iniciativas para concienciar as xeracións máis novas”, a súa vez, “agradece as entidades públicas como ó Concello de Palas e as empresas privadas como: Granxas Campomaior e Alibós pola colaboración que fixeron posible esta iniciativa”