- Concello
- O Municipio
- Que visitar
- Servicios ao cidadá
- Enlaces
- Actas de Goberno
- Contas Municipais
- Convenios
<- voltar
AVANZAN OS TRABALLOS DE MOVEMENTO E ADECUACIÓN DE TERREOS PARA A CONSTRUCIÓN DA PLANTA DE, CICLO COMPLETO, DE CRIA E COSECHA DE LARVA DE MOSCA EN PALAS DE REI
AVANZAN OS TRABALLOS DE MOVEMENTO E ADECUACIÓN DE TERREOS PARA A CONSTRUCIÓN DA PLANTA DE, CICLO COMPLETO, DE CRIA E COSECHA DE LARVA DE MOSCA EN PALAS DE REI
Avanzan os traballos de movemento e adecuación dos terreos para a instalacións das naves de cría e cosecha de larva de mosca da Planta, de ciclo completo, que a empresa Bioflytech asenta en Palas de Rei.
Dito proxecto, pioneiro en España, pertencente a Industria 4.0, con tecnoloxía propia e de carácter innovador, vai dirixido a produción de proteína a partir de insectos (moscas). Dende as diferentes naves desta Planta en Palas de Rei, criarase e cosecharase larva de mosca para convertela en fariña e graxa para destinala a alimentación animal. Este proxecto supón, unha inversión superior ós 20 millóns de euros e prevé xerar uns 50 postos de traballo directos, na súa primeira fase, que se agarda que estea en funcionamento no vindeiro mes de setembro.
Os operarios cun amplo tipo de maquinaria afánase, estos días, nas obras de preparación dunha parcela de 55.000 metros cadrados, no lugar coñecido como “Cova do Espiño”, ao carón da estrada LU-231, entre a parroquía de Ferreira e Palas de Rei.
