- Concello
- O Municipio
- Que visitar
- Servicios ao cidadá
- Enlaces
- Actas de Goberno
- Contas Municipais
- Convenios
<- voltar
OS NENOS E NENAS DO OBRADOIRO INFANTIL DESPIDEN A SÚA ACTIVIDADE POR ESTE VERÁN, XOGANDO DE XEITO TRADICIONAL COS USUARIOS DA RESIDENCIA DE MAIORES
OS NENOS E NENAS DO OBRADOIRO INFANTIL DESPIDEN A SÚA ACTIVIDADE POR ESTE VERÁN, XOGANDO DE XEITO TRADICIONAL COS USUARIOS DA RESIDENCIA DE MAIORES
O obradoiro infantil “xogando en vacacións, verán 2022” clausuraba a súa actividade, cunha xornada de xogos tradicionais e populares na Praza do Concello de Palas.
Os 85 nenos e nenas, de idades comprendidas en os 3 aos 12 anos, que participaron este verán das actividades do Obradoiro Infantil, desfrutaron cos xogos que antaño marcaron a infancia a xeración dos seus antepasados. Para comprender como xogaban antes, estaban os membros da Residencia de Maiores que acompañados por representantes da Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional, explicaban, aos máis novos, como se xogaba. Esta actividade, enmarcouse dentro do proxecto “Co Paso do Tempo”, na que interactuaron os nenos/as do Obradoiro e os usuarios da Residencia de Maiores para o desenvolvemento dun conxunto de actividades en común.