- Concello
- O Municipio
- Que visitar
- Servicios ao cidadá
- Enlaces
- Actas de Goberno
- Contas Municipais
- Convenios
<- voltar
O MOZOS/AS DO CAMPAMENTO DOS CHACOTES RECIBEN A VISITA DA DIRECTORA XERAL DE XUVENTUDE E DO ALCALDE DE PALAS
O MOZOS/AS DO CAMPAMENTO DOS CHACOTES RECIBEN A VISITA DA DIRECTORA XERAL DE XUVENTUDE E DO ALCALDE DE PALAS
O campamento xuvenil dos Chacotes, en plena actividade de verán, cunha nova quenda de mozos/as chegados de diferentes partes de galicia e do exterior recibiu, esta maña, a visita da directora xeral de xuventude da Xunta de Galicia, Cristina Pichel e do acalde de Palas, Pablo Taboada que se interesaron polos participantes e as actividades que se están a desenvolver no mesmo. Os participantes, intercabiaron diferentes impresións sobre as experiencias que están a vivir nas actividades das que son participes, tales como: escalada en rocódromo, orientación, bicicleta de montaña, tiro con arco, kaiak, piscina, xogos activos, marcha e acampada, obradoiros da natureza e concienciación medioambiental.
Agardase que ao longo deste verán, pasen por este campamento mais de douscentos xoves, repartidos en diferentes quendas.
Â
Â