- Concello
- O Municipio
- Que visitar
- Servicios ao cidadá
- Enlaces
- Actas de Goberno
- Contas Municipais
- Convenios
<- voltar
PALAS DE REI ENTRE OS CONCELLOS MÁIS SEGUROS DA PROVINCIA SEGÚN OS DATOS REXISTRADOS NA XUNTA LOCAL DE SEGURIDADE
PALAS DE REI ENTRE OS CONCELLOS MÁIS SEGUROS DA PROVINCIA SEGÚN OS DATOS REXISTRADOS NA XUNTA LOCAL DE SEGURIDADE
A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, destacou hoxe en Palas de Rei o gran esforzo que está a realizar a Garda Civil para a protección dos numerosos peregrinos que percorren o Camiño Francés. Destacou o labor dos medios despregados no Plan de Seguridade do Xacobeo na Xunta Local de Seguridade que presidiron a subdelegada e o alcalde de Palas de Rei, Pablo Taboada. Na reunión, celebrada esta mañá en dependencias municipais, participaron tamén mandos da Garda Civil e o Subsector de Tráfico da Garda Civil, da Policía Local e da Policía Autonómica.
Isabel Rodríguez indicou que a protección dos peregrinos é fundamental para manter a vitalidade do Camiño que é un gran elemento dinamizador da economía de Palas de Rei. Referiuse aos recursos destinados á protección da ruta xacobea como a Oficina Móbil da Garda Civil que dá servizo aos peregrinos no Camiño Francés, o reforzo que prestan policías extranxeiros e a campaña informativa #NoCaminasSola, dirixida a mulleres que fan o Camiño, que leva a cabo na provincia a Unidade contra a Violencia sobre a Muller da Subdelegación do Goberno.
A subdelegada tamén informou de que Palas de Rei sitúase entre os concellos máis seguros da provincia, segundo reflicten os datos de delincuencia rexistrados o ano pasado. Isabel Rodríguez explicou que as estatísticas da Garda Civil recollen que se pechou 2021 con unha taxa de criminalidade de 17,49 por mil habitantes, cando a media de España é de 41,4 por mil e a da provincia de Lugo de 24,6 por mil.
Detallou que o ano pasado producíronse en total 58 infraccións penais, foron detidas 8 persoas e investigadas outras 9. Estas cifras supoñen que a seguridade mantense en valores semellantes aos anteriores á pandemia.
En canto á violencia de xénero, a subdelegada destacou que en Palas de Rei non se rexistrou ningunha denuncia por este motivo nos anos 2020 e 2021. No que levamos de 2022 produciuse 1 denuncia por violencia de xénero.
Ademais, a subdelegada deu conta das actividades realizadas en centros escolares de Palas de Rei dentro do Plan Director para convivencia e mellora da seguridade escolar. Explicou que no último curso académico os formadores da Garda Civil impartiron 5 charlas ao alumnado do municipio. Trataron sobre acoso escolar, adicción a videoxogos, ciberseguridade, seguridade viaria e prevención de incendios forestais.