- Concello
- O Municipio
- Que visitar
- Servicios ao cidadá
- Enlaces
- Actas de Goberno
- Contas Municipais
- Convenios
<- voltar
REMATAN AS OBRAS NO ENTORNO DA IGREXA DE SAN XIAO DO CAMIÑO
REMATAN AS OBRAS NO ENTORNO DA IGREXA DE SAN XIAO DO CAMIÑO
A subdelegada do Goberno, Isabel RodrÃguez, comprobou os traballos realizados polo Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana na parroquia de San Xiao do Camiño, no municipio de Palas de Rei. Trátase dunha nova obra do programa de melloras que realiza o Goberno no Camiño de Santiago ao seu paso pola provincia de Lugo. Na visita, a subdelegada estivo acompañada polo alcalde de Palas de Rei, Pablo Taboada.
Â
A actuación, incluÃu o tratamento dos arredores da igrexa e das marxes do Camiño na entrada e saÃda da localidade. Dentro do proxecto, executáronse traballos de pavimentación no lateral da igrexa de San Xiao do Camiño, e tamén foron soterradas as instalacións de servizos urbanos, ademais de instalar un novo alumeado máis discreto que o existente con anterioridade, coa finalidade de evitar o impacto visual e mellorar o aspecto da zona.