- Concello
- O Municipio
- Que visitar
- Servicios ao cidadá
- Enlaces
- Actas de Goberno
- Contas Municipais
- Convenios
<- voltar
FESTA DA XUVENTUDE DE PALAS ESTE 8 DE XULLO
FESTA DA XUVENTUDE DE PALAS ESTE 8 DE XULLO
A décimo cuarta edición da festa da xuventude de Palas: “Festa da Xuventude no Camiño”, foi presentada esta mañá, por parte do Presidente da Asociación Xuventude de Palas (entidade organizadora), Manuel Gonzalez Gallego así como do alcalde do Concello de Palas, Pablo Taboada como entidade colaboradora xunto coa Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia, o Xacobeo, Abanca, Ibersys, Aloumiño. Despois de dóus anos sin poder celebrarse este evento por mor da pandemia, a Xuventude de Palas retoma esta cita no calendario programada este ano para o día 8 de xullo.
A programación arranca ás 16:00 horas cun Obradoiro Infantil dirixido ó público de 4 a 12 anos na Praza do Concello a cargo do Centro Pedagóxico Aloumiño. Seguido as 18:00 horas da xa tradicional “Ruta de bares” amenizada coa charanga Era Visto. Pola noite, logo das 23:30 horas actuarán: La Fórmula e Furia Joven, e faranse un sorteo no descanso da orquesta de 500 euros. O que desexe poderá adquirir as rifas durante a ruta de bares.