- Concello
- O Municipio
- Que visitar
- Servicios ao cidadá
- Enlaces
- Actas de Goberno
- Contas Municipais
- Convenios
<- voltar
MAREA BRANCA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO EN PALAS DE REI POLO CAMIÑO
MAREA BRANCA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO EN PALAS DE REI POLO CAMIÑO
Ao redor de duascentas persoas participaron na andaina contra a violencia de xénero en Palas de Rei, organizada polo GDR05 (Miño Ulla) coa colaboración do Concello de Palas de Rei e a Xunta de Galicia. A andaina, partiu as 11:00h, do lugar da Brea (Lestedo) e os participantes percorreron os 3 kilómetros de Camiño Francés a Santiago, ata chegar a Palas de Rei, donde na Praza do Concello, tivo lugar o pronunciamento do manifestó contra a violencia de xénero que correu a cargo da concelleira de Servicios Sociais e Igualdade de Palas, Alba Villasante . Os participantes na mesma, portaron unha chaqueta branca co lema central da andaina: “o rural contra a violencia de xénero”. Esta marcha, estivo encabezada pola Secretaria Xeral de Igualdade, Susana López Abella, o alcalde de Palas de Rei, Pablo Taboada, ademais dos alcaldes de Taboada e Portomarín e de varios concelleiros e representantes do GDR05 e do Centro de Información a Muller. Na praza do Concello, unha gran pancarta, co lema da andaina, visibilizaba o rexeitamento social contra calquer acto de violencia de xénero. A Secretaria Xeral de Igualdade, xa na Praza do Concello, puido conectarse, vía videoconferencia, co resto de puntos galegos nos que tamén os respectivos GDRS desenvolvían unha iniciativa similar. Posteriormente, os participantes desfrutaron dun aperitivo, a base de productos típicos da zona, para repoñer forzas.