- Concello
- O Municipio
- Que visitar
- Servicios ao cidadá
- Enlaces
- Actas de Goberno
- Contas Municipais
- Convenios
<- voltar
A CONSELLERÍA DE SANIDADE E O CONCELLO DE PALAS DE REI ASINAN UN CONVENIO DE COLABORACIÓN PARA A REFORMA DO CENTRO DE SAÚDE
A CONSELLERÍA DE SANIDADE E O CONCELLO DE PALAS DE REI ASINAN UN CONVENIO DE COLABORACIÓN PARA A REFORMA DO CENTRO DE SAÚDE
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, e o alcalde de Palas de Rei, Pablo José Taboada Camoira, asinaron un convenio de colaboración para a mellorar diversos aspectos do Centro de Saúde . No acto, estiveron acompañados polo delegado da Xunta en Lugo, Javier Arias Fouz, e polo secretario xeral técnico da Consellería de Sanidade, Alberto Fuentes Losada.
O investimento deste proxecto de mellora ascende a 39.780 euros, partida económica que será cofinanciada a partes iguais pola administración local e autonómica. O centro de Saúde de Palas de Rei, require na actualidade dunha serie de actuacións para o acondicionamento e mellora das súas instalacións que se foron deteriorando co paso do tempo.
As obras previstas consisten no reforzo do sistema de emerxencia; a corrección de humidades; e a adecuación de espazos na área de arquivo PAC para localización do persoal técnico da ambulancia do 061. Tamén contempla a adecuación de espazos na área de estar e descanso do persoal do PAC ; a substitución de tubaxes de calefacción e auga quente sanitaria; e a pintura e revestimento en parámetros verticais e horizontais en zonas afectadas pola entrada de auga e condensacións.