- Concello
- O Municipio
- Que visitar
- Servicios ao cidadá
- Enlaces
- Actas de Goberno
- Contas Municipais
- Convenios
<- voltar
A CONFLUENCIA ENTRE A AVENIDA DE LUGO E A RÚA AGRO DO ROLO CAMBIA A FISIONOMÍA DO CENTRO DE PALAS DE REI, AMPLIANDO ESPAZO E MELLORANDO ACCESOS
A CONFLUENCIA ENTRE A AVENIDA DE LUGO E A RÚA AGRO DO ROLO CAMBIA A FISIONOMÍA DO CENTRO DE PALAS DE REI, AMPLIANDO ESPAZO E MELLORANDO ACCESOS
O cruce de Palas de Rei cambiará a súa fisionomía na súa confluencia entre a Avenía de Lugo e a Rúa Agro do Rolo. Dacodo coas normas urbanísticas do Concello de Palas de Rei, elimínase un tapón urbanístico que estreitaba o tráfico rodado e peonil en pleno centro do casco urbano. Esta actuación urbanística, permite unha inversión privada de máis de 2 millóns de euros na confluencia da N-547 coa Rúa Agro do Rolo e a LU-P-2901 o que posibilitou a construción da nova Residencia de persoas maiores en Palas de Rei e agora dun novo edificio residencial que permitirá a ampliación do espazo dos accesos a rúa Agro do Rolo. Esta actuación, beneficiará a máis de cincocentos vehículos díarios que usan estas vías, que dan conexión co enlace da autovía A-54 en Filgueira e a estrada LU-231 que conecta as localidades de Palas de Rei con Friol.
O rexedor palense, Pablo Taboada resalta ademais, que “con esta actuación tamén se permite a mellora da conexión a varias parroquías do municipio, nas que os seus habitantes acceden ó casco urbano de Palas de Rei a través desta vía, contretamente parroquías, como: San Xorxe, Merlán, San Vicente, Filgueira, etc. "