- Concello
- O Municipio
- Que visitar
- Servicios ao cidadá
- Enlaces
- Actas de Goberno
- Contas Municipais
- Convenios
<- voltar
O PLENO PALENSE APROBA: BONIFICACIÓNS IMPOSITIVAS PARA CONSTRUCIÓNS NAS QUE SE DESENVOLVEN ACTIVIDADES AGRARIAS, GANDEIRAS OU FORESTAIS; BONIFICACIÓN DO 50% DO ICIO PARA A RESIDENCIA PALAS S.L. E NOMEASE A D. JUAN NÚÑEZ GARCÍA EN CALIDADE DE SUBSTITUTO D
O PLENO PALENSE APROBA: BONIFICACIÓNS IMPOSITIVAS PARA CONSTRUCIÓNS NAS QUE SE DESENVOLVEN ACTIVIDADES AGRARIAS, GANDEIRAS OU FORESTAIS; BONIFICACIÓN DO 50% DO ICIO PARA A RESIDENCIA PALAS S.L. E NOMEASE A D. JUAN NÚÑEZ GARCÍA EN CALIDADE DE SUBSTITUTO DE XUIZ DE PAZ.
A Corporación municipal de Palas de Rei, celebrou sesión plenaria na que se acordou: declarar de especial interese e utilidade municipal os inmobles nos que ubican únicamente construcións nas que se desenvolven total e exclusivamente actividades agrarias, gandeiras ou forestais pertencentes ó sector primario, por concorrer circunstancias sociais, culturais, históricas e de fomento do emprego que así o xustifican, o que se traduce en que máis de 70 explotacións gandeiras do municipio palense, que así o solicitaron, verán reducidos os seus impostos neste aspecto. Asimismo, tamén se aprobou, a correspondente bonificación do 50% no ICIO para o proxecto Residencia Palas S.L. declarado de Interese Municipal. A corporación municipal, tamén acordou nomear a D. Juan Núñez García en calidade de substituto de xuíz de paz en Palas de Rei. Todos estos puntos, foron aprobados por unanimidade dos grupos políticos municipais que conforman a corporación