- Concello
- O Municipio
- Que visitar
- Servicios ao cidadá
- Enlaces
- Actas de Goberno
- Contas Municipais
- Convenios
<- voltar
CONCELLO E XUNTA COLABORAN NAS OBRAS PARA QUE O COLEXIO DE PALAS DISPOÑA DUN NOVO PARQUE INFANTIL CUBERTO
CONCELLO E XUNTA COLABORAN NAS OBRAS PARA QUE O COLEXIO DE PALAS DISPOÑA DUN NOVO PARQUE INFANTIL CUBERTO
O Colexio de Palas de Rei (Ceip) disporá dun novo parque infantil cuberto en virtude da colaboración entre a Xunta de Galicia e o Concello de Palas de Rei. Este novo parque infantil, sitúase anexo ás instalacións do Ximnasio e actual Pavillón Polideportivo do Ceip, ademais dos usos necesarios para o Centro Educativo, estará aberto o uso público en xeral en horario non lectivo. Disporá de 250 metros cadrados de superficie útil, donde se instalarán diversos aparatos adaptados aos nenos/as.
A Xunta de Galicia, vén de iniciar as obras para dotar dito parque infantil dunha cuberta nas que inviste, nesta primeira fase de execución, 42.000 euros. Para nunha segunda fase, completar as obras co equipamento e instalación de aparatos diversos, cun investimento de 150.000 euros.
O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, visitou hoxe o centro educativo acompañado do alcalde de Palas de Rei, Pablo Taboada -entre outras persoas- e explicou que se construirá unha estrutura con cuberta metálica para facer este espazo máis práctico e cómodo.
“A nova instalación permitirá aos nenos e nenas desfrutar do parque durante máis tempo, xa que estarán resgardados das distintas incidencias do clima, como a chuvia ou o sol excesivo”, destacou o delegado. Ademais, apuntou que o Concello de Palas de Rei ten previsto completar posteriormente esta intervención coa colocación dun pavimento de caucho para minimizar os impactos en caso de caída”.
Arias tamén comprobou o avance das obras de mellora da eficiencia enerxética que a Consellería de Cultura, Educación e Universidade executa no colexio de Palas desde finais do pasado mes de outubro, cun investimento de 243.000 euros. Segundo explicou, xa finalizaron as actuacións no interior do recinto escolar e unicamente queda pendente o pintado exterior, que se acometerá en canto as condicións meteorolóxicas sexan favorables.
A finalidade do proxecto é mellorar o illamento do edificio mediante a renovación das carpinterías exteriores, falsos teitos, canlóns e baixantes, entre outros elementos, para evitar tanto a entrada de humidades como de aire. Tamén se promove o aforro enerxético mediante a substitución do sistema de iluminación por equipos LED de baixo consumo.