- Concello
- O Municipio
- Que visitar
- Servicios ao cidadá
- Enlaces
- Actas de Goberno
- Contas Municipais
- Convenios
<- voltar
500 TEST DE ANTÍXENOS SERÁN PRÁCTICADOS A VINDEIRA SEMANA EN PALAS DE REI ENTRE A POBOACIÓN DE 18 A 65 ANOS, ASINTOMÁTICA, NUN CRIBADO DE COVID19
500 TEST DE ANTÍXENOS SERÁN PRÁCTICADOS A VINDEIRA SEMANA EN PALAS DE REI ENTRE A POBOACIÓN DE 18 A 65 ANOS, ASINTOMÁTICA, NUN CRIBADO DE COVID19
Ante o avance do coronavirus, Palas de Rei someterase a un cribado poboacional na vindeira semana. O alcalde de Palas de Rei, trasladoulle estos días ao xerente da área sanitaria de Lugo e xerente do Hula, Ramón Ares, a súa preocupación polo constante aumento de casos rexistrados no municipio de Palas de Rei está semana. En consecuencia, o Hospital Lucus Augusti (Hula), e o Concello de Palas de Rei e o Centro de Saúde colaboran neste cribado poboacional que afectará a persoas asintomáticas, coa finalidade comprobar o nivel de infección na poboación, acotar os grupos nos que se está a producir a transmisión do virus e tentar disminuir a súa incidencia. Este cribado, que dará comenzó este luns 25 de xaneiro no Centro de Saúde de Palas de Rei, vai farase mediante unha elección aleatoria da poboación asintomática entre 18 a 65 anos e que ata o momento non fora sometida a unha PCR. Para elo, as persoas citaranse vía sms no teléfono, donde se lles indicará o día e a hora, así como, o lugar donde van a facer a proba (no Centro de Saúde de Palas) que consitirá nun test de antíxenos (unha das probas de laboratorio que se están a practicar ata o momento, con persoas con síntomas). Logo de facer a proba, a persoa debe agardar 14-15 minutos aproximandamente para ver os resultados, en caso de dar positivo xa se activa o protocolo específico para estos casos.
Ramón Ares xerente do Hula, adiantaba que agardan facer 100 test por día dende o luns próximo, ata completar unha mostra representativa de 500 test de antíxenos, tendo en conta a distribución por grupos de idade e por residencia (no núcleo de Palas de Rei e nas distintas parroquias do municipio).