- Concello
- O Municipio
- Que visitar
- Servicios ao cidadá
- Enlaces
- Actas de Goberno
- Contas Municipais
- Convenios
<- voltar
ACTIVIDADES EN CONMEMORACIÓN DO DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
ACTIVIDADES EN CONMEMORACIÓN DO DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
A Campaña de Sensibilización e loita contra a Violencia de Xénero que este ano lanza o Centro de Información a Muller de Palas de Rei é: "PALAS DE REI DILLE NON A VIOLENCIA DE XÉNERO: "NON MÁIS VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES".
As actividades levaranse a cabo entre o día 18 de novembro ata o 27 de novembro de 2020 no Concello de Palas de Rei.
- O Mércores, 18 de Novembro de 2020 de 10:00 a 14:00 horas, na Praza da Ulloa, Stand e obradoiros da CAMPAÑA "AGRESIÓN OFF: EU DIGO NON Á VIOLENCIA SEXUAL 2020", de sensibilización e prevención da violencia sexual. Contará coa participación do alumnado do IES do Camiño de Palas de Rei que visitará o Stand.
-Actividades e obradoiros que se levarán a cabo:
1. CANTO DE ESTEREOTIPADA ESTÁ A TÚA MENTE? Esta actividade consiste en escoitar e reflexionar acerca de diferentes mensaxes que poden inducir, moitas veces de xeito inconsciente, a pensamentos estereotipados.
2. A RULETA DO AMOR ROMÁNTICO. Este xogo interactivo consiste en facer xirar a ruleta dos mitos sobre o amor romántico. Cando esta se pare nun mito en concreto, a persoa que xoga debe argumentar o que pensa sobre a frase que corresponda.
3. NON ME CONTES CONTOS. Empregando o televisor co que contaremos no stand, proxectaranse na pantalla diferentes fragmentos de contos, fábulas, refráns e ditos populares, co obxectivo de invitar á reflexión acerca da importancia da información que recibimos e, sobre todo, transmitimos.
4. ONDE ESTÁ O LÍMITE? Nun lateral do stand, expoñeranse de forma escalonada (semellando graficamente a imaxe dun termómetro), diferentes actitudes ou comportamentos que se poden dar dentro da parella. De xeito individual ou grupal, os participantes deben decidir onde poñen o seu límite, xerando así o debate sobre a delgada liña que separa unha relación aparentemente sa dunha relación tóxica.
5. EU NON NECESITO #FILTROS. Nunha das paredes do stand haberá diferentes espellos que deforman ou alteran a imaxe. Sobre estes espellos haberá rotuladas mensaxes que invitan á reflexionar acerca da imaxe que queremos transmitir nas RRSS, incluíndo o uso de filtros para modificar aqueles aspectos físicos que non nos gustan. Neste senso, mediante mensaxes como ‘a túa personalidade non ten filtro’ preténdese xerar un clima de reflexión que contemple a autoestima e a valoración persoal coma o eixo principal para construír relacións socio-afectivas saudables.
6. ESTÁS SEGUR@ DE PREMER O BOTÓN DE ENVIAR? Os/as participantes nesta actividade deberán decidir, coñecendo previamente os riscos e as consecuencias do sexting, se envían ou non, de xeito hipotético, o contido vinculado a esta práctica.
7. KAHOOD DA IGUALDADE. XOGO TECNOLÓXICO ON LINE. Nunha pantalla proxectaremos este xogo no que a través do móbil e un sinxelo rexistro, as persoas participantes poderán respostar a diferentes preguntas “on line” en directo sobre a violencia de xénero, comprobando ao momento quen acada a puntuación máis alta en cada partida.
8. A INFORMACIÓN ESTÁ AO ALCANCE DA TÚA MAN. A través de códigos QR os participantes poden acceder á información relacionada co programa, como o portal de Igualdade, os enlaces de descarga da APP AgresiónOFF, números de teléfono da muller, etc.
9. O TÓTEM DO SEXISMO. Ao carón do stand colocarase un pequeno tótem serigrafiado con palabras ou frases sobre diferentes accións e actividades que aos máis cativos lles poidan resultar familiares (como bailar, xogar ao fútbol, axudar nas tarefas do fogar, cociñar, xogar con bonecas, pelexar…). Na parte superior do tótem situaranse dúas flechas, unha que indica ‘nenas’, e outra, en dirección contraria, que indica ‘nenos’. Os máis cativos, guiados polas persoas informadoras do stand ou polas súas familias, deben decidir se as accións citadas son de nenos, de nenas ou de ambos. Con esta actividade preténdese combater os estereotipos e o sexismo dende a infancia, esclarecendo que non hai diferencias entre mulleres e homes á hora de realizar este tipo de accións.
10. VERDADE OU MITO. Esta actividade ten como obxectivo desterrar ideas erróneas sobre a violencia de xénero e as agresións sexuais.
11. AMPLIEMOS O DECÁLOGO CONTRA A VIOLENCIA SEXUAL. Partindo do decálogo sobre a violencia sexual, animarase aos/ás participantes que se acheguen ao stand a engadir algunha indicación máis que complemente ás xa recollidas no mesmo.
ADIVIÑA A ADIVIÑANZA…QUEN ESTÁ DETRÁS DE CADA FRASE? As persoas informadoras do stand propoñerán frases asociadas a profesións que os/as participantes deben identificar segundo sexan ditas por unha muller ou por un home, e razoar o porqué.
- O Domingo, 22 de Novembro de 2020, as 17:00 horas, na Casa da Cultura do Concello de Palas de Rei, de Alentía Teatro, "HERDANZAS MATERNAS". Un conxunto de historias que aborda con tenrura e humor problemas tan importantes como a igualdade de oportunidades entre os dous xéneros, o acoso escolar, a cultura da paz, o respecto, o valor instrumental da educación como ferramenta imprescindible no crecemento do ser humano.
- O Mércores, 25 de Novembro de 2020, no CEIP de Palas de Rei, entrega o alumnado dun Xogo Didáctico, Concello de Palas de Rei en Igualdade, coñece o teu Concello, un xogo ameno e divertido que transmite valores fundamentais como son a igualdae, o respecto, a convivencia, e tamén aprendan unha chea de cousas sobre a súa contorna.
- O Venres, 27 de Novembro de 2020, as 16.15 no CEIP de Palas de Rei, Obradoiro “Todos e todas a colaborar no fogar”, dirixido a AMPA do Colexio e dentro da Campaña Corresponsabilízate para tratar de Sensibilizar a cidadanía sobre a importancia de repartir as tarefas do fogar.