- Concello
- O Municipio
- Que visitar
- Servicios ao cidadá
- Enlaces
- Actas de Goberno
- Contas Municipais
- Convenios
<- voltar
O CONCELLO DE PALAS DE REI OUTORGA AUTORIZACIÓN PARA A URBANIZACIÓN DA SEGUNDA FASE DO POLÍGONO EMPRESARIAL AO GRUPO JIM SPORTS
O CONCELLO DE PALAS DE REI OUTORGA AUTORIZACIÓN PARA A URBANIZACIÓN DA SEGUNDA FASE DO POLÍGONO EMPRESARIAL AO GRUPO JIM SPORTS
O Concello de Palas de Rei outorga o Grupo empresarial Jim Sports (multinacional palense, adicada ao mundo do deporte) a autorización para a urbanización da segunda fase do parque empresarial de Palas de Rei, na que o Grupo invertirá máis de 200.000 euros, na adecuación de 25.000 metros cadrados novos de solo industrial, que servirán de base para a creación dunha nova nave industrial, que amplia considerablemente as actuais instalacións do Grupo en Palas de Rei. O Xefe Territorial da Xunta de Galicia en Lugo, Xabier Árias, visitou os terreos desta nova ampliación no polígono palense, así como, realizou unha primeira toma de contacto co resto das instalacións que a Multinacional deportiva ten actualmente en funcionamento no mesmo, entre elas, o Ximnasio que o Grupo en colaboración co Concello de Palas puxeron en funcionamento na localidade.
O alcalde palense, Pablo Taboada, tamén aprobeitou a ocasión para trasladarlle o Xefe Territorial da Xunta en Lugo, diferentes demandas dos empresarios palenses.