- Concello
- O Municipio
- Que visitar
- Servicios ao cidadá
- Enlaces
- Actas de Goberno
- Contas Municipais
- Convenios
<- voltar
O CONCELLO DE PALAS DE REI DECLARARÁ PROXECTO DE ESPECIAL INTERESE A CONSTRUCIÓN DA RESIDENCIA DE PERSOAS MAIORES
O CONCELLO DE PALAS DE REI DECLARARÁ PROXECTO DE ESPECIAL INTERESE A CONSTRUCIÓN DA RESIDENCIA DE PERSOAS MAIORES
O Concello de Palas de Rei declarará proxecto de especial interese a construción da Residencia de persoas maiores en Palas de Rei promovida por “Residencia Palas de Rei S.L.”. Este proxecto, pretende dar capacidade a 47 prazas de internos, o que se traduce na xeración dunha treintena de postos de traballo, entre auxiliares, persoal de cociña, fisioterapeutas, persoal sanitario, entre outros profesionais; o que terá unha especial importancia non só para o municipio palense, senón tamén, para o resto de concellos da Comarca. Elo supón, unha inversión de 1.250.000 euros entre construción e equipamento do inmoble, dos cales, 200.000 euros proceden dunha subvención concedida polo Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR-05) Miño-Ulla.
Este novo edicifio en Palas de Rei, ubicado no centro da vila, na Avenida de Lugo, actualmente en fase de construción, dispón, ademáis da zona residencial, doutros servicios que redundarán no beneficio dos usuarios, como cociña, comedor, varias salas multiusos, entre outras dotacións. Os promotores da iniciativa, visto o avance das obras prevén, que poidan proceder a apertura do Centro Residencial antes da finalización do presente ano, donde acollerán aos primeiros internos. Deste xeito, convertirase no primeiro Centro residencial de maiores, destas características na Comarca da Ulloa.
A declaración de proxecto de especial interese por parte do Concello Palense, redundará nun conxunto de importantes descontos e vantaxes fiscais no ICIO, entre outras.