<- voltar
strict warning: Declaration of views_plugin_style_default::options() should be compatible with views_object::options() in /usr/home/concellopalasderei/www/modules/views/plugins/views_plugin_style_default.inc on line 0.

MEDIDAS EXCEPCIONAIS ADOPTADAS POLO PLENO DO CONCELLO DE PALAS DE REI PARA CONTRARRESTAR OS EFECTOS QUE PODE OCASIONAR A EXPANSIÓN DO CORONAVIRUS NO MUNICIPIO


MEDIDAS EXCEPCIONAIS ADOPTADAS POLO PLENO DO CONCELLO DE PALAS DE REI PARA CONTRARRESTAR OS EFECTOS QUE PODE OCASIONAR A EXPANSIÓN DO CORONAVIRUS NO MUNICIPIO

O Concello de Palas de Rei celebrou, o luns 16 de marzo, un pleno extraordinario no que se aprobou unha serie de medidas excepcionais pra contrarrestar os efectos que pode ocasionar a expansión do coronavirus no municipio. As medidas adoptadas polo pleno e que foron aprobadas pola unanimidade dos presentes da corporación son as que seguen:

 

"MEDIDAS PREVENTIVAS ANTE A SITUACIÓN SANITARIA PROVOCADA POLO CORONAVIRUS. POR ÁREAS DE ACTUACIÓN

APROBADAS POLO PLENO EN SESIÓN EXTRAORDINARIA URXENTE DO 16/03/2020

O. DE CARÁCTER XERAL DE INFORMATIVO.

O Concello manterá permanentemente informada á poboación acerca das medidas, instrucións e recomendacións que se vaian adoptando ou ditando polos órganos competentes das diferentes Administracións Públicas.

A tal fin, dispoñerase da citada información nos seguintes medios:

⎯ Páxina web oficial: http://www.concellopalasderei.es/.

⎯ Radio municipal: Dial Frecuencia Modulada (FM) 107.8

⎯ Telefónica: 982 38 00 01

⎯ Bandos, boletíns especiais, folletos ou outros medios escritos..

 

1. EN MATERIA DE PERSOAL E ORGANIZACIÓN MUNICIPAL.

1.1. Información e medidas preventivas

Manterase permanentemente informado o persoal, especialmente aquel que ten contacto habitual con colectivos de risco, acerca dos hábitos hixiénicos recomendados e os protocolos establecidos polas autoridades sanitarias, segundo a evolución das medidas de contención e prevención aprobadas.

De igual modo, xa foi elaborado o documento de avaliación de prevención de riscos laborais, especificando aqueles postos de traballo que requiren Equipamento de protección individual, que se poñerá a disposición dos traballadores.

O Alcalde, co asesoramento técnico que sexa preciso, ordenará as medidas necesarias de reordenación dos espazos de traballo e o tránsito das persoas nos centros e oficinas municipais para garantir o cumprimento das medidas de prevención ditaminadas polas autoridades sanitarias.

Dispoñerase nos accesos ao concello da información referente á atención preferente mediante medios electrónicos e/ou telefónicos. Para casos excepcionais de carácter urxente que non poidan resolverse polos sistemas anteriormente citados, prevese a atención presencial excepcional, mediante concertación de cita previa.

 

1.2. Conciliación

No caso de que os empregados públicos do Concello de Palas de Rei teñan na súa unidade familiar membros que requiren especial atención e pola natureza das función propias do posto non resultara posible o tele traballo, o Alcalde dispoñerá o necesario para que poida conciliar a asistencia ao traballo coa necesaria atención ao familiar afectado.

No que se refire en concreto aos centros nos que se realizan prestacións sociais, así como as unidades que atenden servizos esenciais e infraestruturas básicas, articularanse os procedementos adecuados, que logo se precisarán, para garantir a substitución do traballador de modo que non se poña en risco a prestación do servizo.

1.3. Tele traballo.

Por canto a actividade administrativa do Concello de Palas de Rei realízase practicamente ao 100 por 100 por medios electrónicos, no caso de que estime risco certo de contaxio laboral nas oficinas da Administración Xeral do Concello ou nas unidades administrativas dos Centros municipais, o Alcalde ditará as resolucións que sexan precisas no ámbito das súas competencias, para organizar a realización das funcións mediante tele traballo, implementando, no seu caso, os medios técnicos de que dispoña persoalmente o empregado no seu domicilio.

Considerando o alto nivel de implantación da Administración electrónica neste Concello estímase suficiente a asignación dunha persoa, mediante un sistema rotativo, para a atención presencial ao público na oficina de rexistro, padrón de habitantes e información xeral.

Considérase igualmente precisa a presenza do Secretario-Interventor-Tesoureiro para garantir a seguridade xurídica na toma de decisións, así como a dispoñibilidade de fondos económicos para atender os gastos que poidan requirir situacións de emerxencia.

En canto ao persoal encargado dos servizos de mantemento das distintas infraestruturas, adoptaranse as medidas necesarias, garantindo a rotación ou substitución, tal como se describe posteriormente.

1.4. Sesións, reunións e outros actos de concorrencia colectiva.

Suspéndense os actos públicos e as reunións dos órganos colexiados do Concello desde a celebración da sesión extraordinaria urxente do 16 de marzo, ata que sexa declarada a superación do estado de alarma polas autoridades competentes.

Unicamente se celebrarán reunións dos órganos especialmente designados para o seguimento da crise, adoptando as medidas necesarias de distribución espacial e de hixiene recomendadas polas autoridades sanitarias.

De prolongarse en exceso a situación de alarma e resultar precisa a adopción de acordos de carácter inaprazable cuxa competencia corresponda ao Pleno, tendo en conta que o Concello dispón da infraestrutura básica precisa, dispoñerase a dotación dos instrumentos tecnolóxicos precisos a disposición dos membros da Corporación para a realización das sesións mediante sistemas homologados de vídeo conferencia.

1.5. Xunta municipal de emerxencia sanitaria.

Créase a Xunta municipal de emerxencia sanitaria, de carácter eminentemente técnico e consultiva, que presidirá o Alcalde e estará integrada polas concellería responsables das áreas de saúde, servizos sociais e educación, así como os técnicos ou asesores que se estimen precisos con especialización nas citadas áreas, así como protección civil e seguridade cidadá.

Considerando o establecido no artigo 124.3 do RD 2568/1986, ROF, en relación co artigo 68.4 da Lei 5/1997, de 22 de xullo, reguladora da Administración Local de Galicia, o Pleno acorda crear como Comisión Informativa Especial a denominada Xunta Municipal de Emerxencia Sanitaria COVID-19, coas seguintes características:

⎯ Estará presidida polo Alcalde e integrada polos seguintes membros con carácter decisorio: o A concelleira responsable da área social ou concelleira/o que a substitúa

o O concelleiro responsable de obras e servizos ou concelleira/o que a substitúa

o O portavoz do grupo municipal socialista ou persoas do seu grupo que o substitúan

⎯ Invitarase a participar na citada comisión en calidade de asesores ou expertos: o Persoal dos servicios sanitarios municipais

o Responsables de Protección civil

o Policía Local

o Garda Civil

o Outros que se consideren adecuados en función dos asuntos que deban abordarse ou decisións que deban propoñerse.

⎯ A Comisión celebrará reunión sempre que sexa preciso mediante convocatoria que poderá ser telemática ou simplemente telefónica, para estudar e informar ao Alcalde de medidas concretas que deben ser abordadas para afrontar ou paliar os efectos da crise no municipio de Palas de Rei

⎯ O mandato do citado órgano durará ata que se declare superado o estado de alarma, podendo reactivarse por acordo do Pleno de estimarse necesario.

⎯ Actuará como Secretario da Comisión o Secretario da Corporación ou funcionario que legalmente o substitúa.

 

1.6. Revogación de competencias delegadas

O Alcalde ditará Decreto polo que revoca temporalmente todas as competencias delegadas na Xunta de Goberno Local, co obxecto de resolver aqueles procedementos cuxa demora puidera ocasionar un prexuízo irreparable ou grave aos interesados.

1.7. Delegación transitoria de competencias.

En harmonía coa suspensión transitoria das sesións e para o suposto de que resultara inaprazable a adopción de medidas de competencia plenaria, considérase imprescindible a súa delegación no Alcalde, como órgano unipersonal que pode executalas coa eficacia requirida polo estado de alarma.

De acordo co previsto no apartado 4 do artigo 22 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local, o Pleno delega no Alcalde as competencias que se describen nos seguintes parágrafos do apartado 2 do expresado artigo (literal):

j) El ejercicio de acciones judiciales y administrativas y la defensa de la corporación en materias de competencia plenaria.

k) La declaración de lesividad de los actos del Ayuntamiento.

m) La concertación de las operaciones de crédito cuya cuantía acumulada, dentro de cada ejercicio económico, exceda del 10 por ciento de los recursos ordinarios del Presupuesto --salvo las de tesorería, que le corresponderán cuando el importe acumulado de las operaciones vivas en cada momento supere el 15 por ciento de los ingresos corrientes liquidados en el ejercicio anterior-- todo ello de conformidad con lo dispuesto en la Ley Reguladora de las Haciendas Locales .

ñ) La aprobación de los proyectos de obras y servicios cuando sea competente para su contratación o concesión, y cuando aún no estén previstos en los presupuestos.

q) Las demás que expresamente le confieran las leyes.

Este acordo entrará en vigor o mesmo día da súa adopción, sen prexuízo da súa publicación no BOP.

 

2. MEDIDAS EN MATERIA DE PRESTACIÓNS SOCIAIS E DE SAÚDE.

2.1. Bolsas de emprego e asistencias técnicas para substitucións.

O Alcalde, no ámbito das súas competencias, tramitará con carácter urxente os procesos selectivos necesarios para contar con bolsas de emprego (sen praza) de persoal de reserva para situacións de emerxencia, referidas aos seguintes servizos:

1. Gardería municipal

2. Servizo de Axuda a domicilio.

3. Centro de Día.

4. Servizo de conservación e mantemento de infraestruturas.

5. Servizo de recollida de lixos.

 

As convocatorias realizaranse por medios áxiles mediante solicitude de currículo e acreditación de méritos, mais unha entrevista persoal e individualizada, coas medidas espaciais e hixiénicas esixidas.

Igualmente, mediante un procedemento de tramitación anticipada de gasto, tramitarase o procedemento ou procedementos de contratación necesarios para contar con asistencias técnicas profesionais que poidan resolver unha situación de emerxencia no suposto en que non se dispoña de efectivos de persoal necesarios, incluídos os das bolsas de emprego anteriormente mencionadas.

O procedemento de contratación será o de emerxencia, previsto na Lei de Contratos do Sector Público.

2.2. Asistencia para a conciliación laboral.

Nos casos en resulte estritamente necesario, unha vez avaliados polos técnicos dos servicios sociais municipais, o Concello dispoñerá o necesario para prestar o servizo de atención á infancia ou aos maiores a domicilio, ao obxecto de que os familiares poidan conciliar as súas obrigacións laborais durante o mesmo horario que se prestaba o servizo

 

nos citados centros. O anterior, a condición de que non existan restricións sanitarias no ámbito do domicilio familiar que o impidan ou desaconsellen.

Na medida do posible, os profesionais do Centro de Día ou o persoal proveniente das bolsas de traballo a que se refire o apartado anterior, organizarán as actividades programadas, especialmente as que consisten en terapias complementarias a unha enfermidade crónica, no domicilio dos usuarios, coas proteccións individuais necesarias a tal fin.

Igualmente, poderá dispoñerse o necesario para realizar a favor dos afectados que se achen imposibilitados realización de compras ou cumprimento de deberes inescusables fora do seu domicilio.

2.3. Banco de alimentos.

Con cargo ao programa de alimentos que vén desenvolvendo este Concello, adquiriranse alimentos non perecedoiros, que non requiren refrixeración nin condicións especiais de conservación mediante o sistema preferente de reserva dispoñible nos almacéns dos propios establecementos subministradores, por se fora precisa a eventual repartición a familias ou persoas do municipio máis vulnerables.

Para os efectos da adquisición considerarase unha poboación afectada similar ao índice porcentual de afectados a nivel rexional mais u 0,5 como índica ponderador.

En atención á indeterminada condición persoal dos eventuais receptores, adquiriranse preferentemente alimentos que garantan baixos contidos en sal, graxas e azucres, así como unha porcentaxe que se entenda suficiente, en atención a índices estatísticos oficiais, de alimentos aptos para persoas celíacas ou con outras intolerancias alimentarias.

As listaxes de produtos a adquirir, con detalle das súas marcas, características nutricionais e prezos, serán previamente supervisados pola Xunta municipal de emerxencia sanitaria.

Para o suposto de non resultar necesaria a súa entrega, por superarse a crise sen incidencias, estas mercadorías pasarán a engrosar as dispostas para os programas sociais de alimentos, procedéndose á súa redistribución cos criterios obxectivos establecidos.

 

2.3. Transporte

O Alcalde, en uso das competencias que legalmente lle corresponden, establecerá os contactos necesarios para negociar cos taxis e as compañías de transporte de viaxeiros que están domiciliadas ou operan no municipio de Palas de Rei condiciones especiais de prezo para aquelas persoas afectadas con dificultades económicas e de mobilidade, establecendo a correspondente achega municipal para os casos de emerxencia social recoñecidos polo Departamento de Servizos Sociais.

O Concello comprométese a prestar a colaboración que sexa precisa, no que se refire a información, axuda loxística, comunicación con autoridades e, cando resulte procedente, colaboración económica, a todos aqueles veciños que se atopen en situacións de dificultade para retornar ao seu domicilio debido a circunstancias sobrevindas de prohibición ou insuperable dificultade acaecidas nun país estranxeiro.

2.5. Ámbito empresarial y laboral.

O Concello de Palas de Rei estudará a posibilidade legal de establecer liñas de axudas complementarias e temporais para o caso de redución de ingresos por baixo do Salario Mínimo motivada directa ou indirectamente polo coronavirus, sempre que resulten compatibles coas medidas establecidas polas Administracións Públicas con competencia nesta materia.

De igual modo, e sempre que resulte compatible coa regulación estatal e autonómica, estudarase a posibilidade de establecer esas liñas de axuda para autónomos e pequenas empresas do municipio, nas mesmas condicións para paliar os inexorables gastos xerais que deben soportar durante o peche da súa actividade.

En calquera caso, estudaranse os casos que se poñan de manifesto previa convocatoria, para avaliar as posibilidades económico-financeiras e modalidades concretas de axuda que pode articular o Concello..

3. MEDIDAS EN MATERIA TRIBUTARIA.

O Concello de Palas de Rei procederá á modificación das Ordenanzas Fiscais vixentes para establecer unha exención do pago dos tributos municipais que logo se relacionan durante o período de pagamento dos mesmos coincidente coa eventual afectación da enfermidade no ámbito familiar do contribuínte.

- Tributos municipais que se modifican:

1. Taxa por abastecemento de auga potable.

2. Taxa por sumidoiros e depuración

3. Taxa por recollida de lixos

4. Taxa polo servizo de Gardería Municipal

5. Taxa polo servizo de Centro de Día

 

4. EN MATERIA DE POLICÍA E ORDE PÚBLICO.

En harmonía co disposto polas autoridades estatais e autonómicas competentes, quedan suspendidos todos os actos públicos de carácter oficial, tanto en espazos pechados como en espazos abertos.

Previo ditame unánime da Xunta de Portavoces celebrada o pasado día 13 de marzo, acórdase a suspensión da Feira do Queixo da Ulloa.

Acórdase igualmente a suspensión indefinida das feiras de venda de produtos que se celebran os días 7 e 19 de cada mes.

Suspéndense expresamente as festas en todo o termo municipal. O Alcalde dispoñerá o necesario para comunicar esta circunstancia ás Comisións de Festas e ofrecerlle todo o asesoramento necesario.

 

5. OUTRAS MEDIDAS COMPLEMENTARIAS.

Facúltase ao Alcalde para establecer cantas medidas complementarias resulten necesarias, así como a modificación das anteriormente expresadas en función da evolución da epidemia e as resolucións que puideran ditar as Administracións públicas competentes, do que dará conta ao Pleno

la liberacin de empuje? 21 victorias, sesenta y siete podios, 6 Copa entorno de globos de cristal, una cantidad de documentos de victorias de descenso de Kitzbhel: el no perder de notable rcord alcanzado por Didier Cuche demuestra su lucha intensamente fsica con el tiempo. Corum Carismtica fabricante embajador Didier Cuche el ganador de esqu que ahora se ha retirado de los competidores presentes rplica de reloj toda una nueva seoras que lleva su efigie. Se tomar su lugar junto con el de los hombres que prevalecen diseo en su mini-coleccin. Comando, la concentracin, replicas relojes el rendimiento general, la bsqueda de la perfeccin y de una sin lugar a dudas la identificacin de Suiza son algunos de los valores compartidos afianzar la colaboracin entre Didier Cuche y Corum. Aunque la leyenda de esqu se retir formalmente en el circuito de la competitividad "White Circo" en la conclusin del ao 2011-2012, rplica de relojes rolex su cooperacin junto con el nombre de marca de La Chaux-de-Fonds procede y es tambin, sin duda, mucho ms dinmico que antes. Sea testigo de la nueva Copa Almirante cuarenta y cuatro Chrono Centro Didier Cuche para las seoras que ahora enriquece el mini-coleccin que lleva la efigie del deportista una lnea que Actualmente contiene el modelo de los hombres que llega mediante el uso de una seleccin de dos esferas distintas. Resistente al agua a 100 metros de relojes, rplicas de los hombres se emiten en el interior de una pieza 100 edicin limitada Corum Qu complicacin relojera mucho mejor podra pagar tributo a 1 de los ms grandes esquiadores de todos los tiempos de legendario crongrafo de la Copa Almirante de Corum con su situacin de doce caras? 21 victorias, 67 podios, 6 Planeta Copa globos de cristal, replicas de relojes un nmero de documento de victorias de descenso de Kitzbhel: el sorprendente informe del monitor alcanzado por Didier Cuche demuestra su pelea fsica real intensamente con el tiempo. Esta vocacin, este raro llamando a sobresalir, replicas de relojes combinado con el sentido infalible de respeto veraz participar y sentida profundamente por su compaero oponentes, lo impulsaron a la fila de Suiza con el Ao en 2011 y el suizo Deportista en los 12 meses en 2009 y 2011. La lnea gris plateado se cubre mediante el uso de una transferencia de tono sobre tono que representa a la estilizada encuentro de Didier Cuche.