- Concello
- O Municipio
- Que visitar
- Servicios ao cidadá
- Enlaces
- Actas de Goberno
- Contas Municipais
- Convenios
<- voltar
OS DIRECTORES DOS CENTROS EDUCATIVOS PALENSES REÚNENSE CO ALCALDE DE PALAS DE REI PARA COORDINAR ACTUACIÓNS FRONTE O CORONAVIRUS
OS DIRECTORES DOS CENTROS EDUCATIVOS PALENSES REÚNENSE CO ALCALDE DE PALAS DE REI PARA COORDINAR ACTUACIÓNS FRONTE O CORONAVIRUS
Os Directores dos Centros Educativos palenses, esto é, Julio Álberto Árias do Colexio Público e Fernando García do IES do Camiño, reuníronse a primeira hora da mañá co alcalde, Pablo Taboada, a fin de coordinar a actuación conxunta, en canto, as medidas a adoptar nos respectivos Centros, fronte ó coronavirus. En ámbolos dous Centros educativos, se suspenden as clases dende o vindeiro día 16 de marzo, nun principio durante 14 días, esto é, ata o 30 de marzo, tal como establecen os gobernos central e autonómico nos respectivos paquetes de medidas para frear a expansión do coronavirus. Durante este período, ámbolos dous Centros Palenses manteñen abertas as instalacións para calquer xestión de carácter administrativa, que poida xurdir, aínda que recomendan que estas, se fagan por medios telemáticos ou electrónicos. Dende o Colexio Público de Palas de Rei, o seu director Julio Alberto Árias confirmou, que tal como estaba previsto, segue ata o 20 de marzo neste Centro, aberto o prazo de solicitude de admisión de mátricula para o curso 2020-21 para o alumnado nado en 2017 ou o que se incorpora de novo por cambio de Colexio, aínda que tamén, recomenda facer estos trámites dirixíndose vía telemática ou electrónicamente á secretaría do Centro.
Pola súa parte, o alcalde, Pablo Taboada, anunciou que durante este período de catorce días sen actividade lectiva nos Centros, o Concello aprobeitará para intensificar os servizos de limpeza en ámbolos dous Centros Educativos.