- Concello
- O Municipio
- Que visitar
- Servicios ao cidadá
- Enlaces
- Actas de Goberno
- Contas Municipais
- Convenios
<- voltar
A SECRETARÍA XERAL DE IGUALDADE TRAE AO IES DO CAMIÑO UN ENCONTRO DE MULLERES SENLLEIRAS NO MARCO DO PROGRAMA NIN+NIN-, IGUAIS
A SECRETARÍA XERAL DE IGUALDADE TRAE AO IES DO CAMIÑO UN ENCONTRO DE MULLERES SENLLEIRAS NO MARCO DO PROGRAMA NIN+NIN-, IGUAIS
A Secretaria Xeral de Igualdade, Susana López Abella, e o alcalde de Palas de Rei, Pablo Taboada participaron xunto co alumnado do IES do Camiño, nun dos encontros con mulleres senlleiras levados a cabo nos centros educativos de Galicia, no marco do programa Nin+Nin-, Iguais. Na súa intervención nesta xornada, a secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, destacou a importancia de educar en igualdade de xénero no ámbito educativo e achegar aos centros de ensino a realidade das mulleres profesionais galegas.
Desta volta, a actividade foi dirixida ao alumnado do IES do Camiño, tivo a oportunidade de escoitar e coñecer a experiencia de Ana Corredoira, bióloga e gandeira de A Cernada (Palas de Rei) que explicou a súa experiencia no sector gandeiro.