- Concello
- O Municipio
- Que visitar
- Servicios ao cidadá
- Enlaces
- Actas de Goberno
- Contas Municipais
- Convenios
<- voltar
AO REDOR DUNHA VEINTENA DE EMPRENDEDORES COMENZAN A DESENVOLVER AS SÚAS INICIATIVAS EMPRESARIAS NO COWORKING DE PALAS DE REI
AO REDOR DUNHA VEINTENA DE EMPRENDEDORES COMENZAN A DESENVOLVER AS SÚAS INICIATIVAS EMPRESARIAS NO COWORKING DE PALAS DE REI
O impulso e apoio, así como, acompañamento dun equipo humán de profesionais a cada unha das iniciativas presentadas, todo elo, facendo unha aposta polo emprendemento e o texido económico e industrial da zona, son os eixes básicos que ofrecerá o espazo Coworking que deu comenzo a súa actividade en Palas de Rei.
Na presentación, logo dunha primeira toma de contacto cos emprendedores, o alcalde Pablo Taboada “valorou a posición do emprendedor e falou destos espazos coworking como moi importantes para o apoio e o desenvolvemento de iniciativas potencialmente exitosas e que poden chegar a ser moi rentables dentro do conxunto económico, sobretodo, aquí no interior de Galicia”. “Agardo que o rendemento deste espazo sexa o máis axeitado posible e que vos leve polo camiño máis idóneo” expresou o rexedor palense aos pesentes.