- Concello
- O Municipio
- Que visitar
- Servicios ao cidadá
- Enlaces
- Actas de Goberno
- Contas Municipais
- Convenios
<- voltar
SE ESTES DÍAS DEIXA DE VER ALGUNHA CANLE NO SEU TELEVISOR, RESINTONICE O SEU TELEVISOR
SE ESTES DÍAS DEIXA DE VER ALGUNHA CANLE NO SEU TELEVISOR, RESINTONICE O SEU TELEVISOR
Informámoslle que dende o próximo venres 10 de Xaneiro ata o fin do mesmo mes, dende o centro de extensión de cobertura de Monte Castro se procederá ao apagado dalgunhas frecuencias de emisión actuais e acendido das novas frecuencias asignadas.
Deste xeito, os beneficiados poderán desfrutar das canles da TDT con unha mellor calidade, que se distribuirán da seguinte forma:
· Canle 26 (MPE4): Boing, Energy, Mega, 13TV.
· Canle 28 (MPE3): Telecinco, Cuatro, Divinity, FDF, T5 HD, Cuatro HD.
· Canle 40 (MUX AUTONOMICO): TVG, TVG2, GHD, G2HD
· Canle 36 (MPE5): TVG, TVG2, GHD, G2HD.
· Canle 32 (MPE2): Antena 3, La Sexta, Neox, Nova, A3 HD, Sexta HD.
· Canle 41 (RGE2): TDP, TDP HD, Clan HD, DKiss, Ten.
· Canle 44 (MPE1): Disney Channel, Paramount Channel, Dmax, Gol
· Canle 47 (RGE1): TVE1, TVE1 HD, TVE2, TVE2 HD, Clan, 24H.
Para poder seguir estas canles, os interesados deberán, en primeiro lugar, dispor da cobertura axeitada, podendo confirmar tanto o centro emisor como a calidade da cobertura por vía telefónica -881 866 388- ou na web www.tdtgalicia.gal.
Bastará con realizar unha busca das canles no receptor de TDT.